Translate

Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de noviembre de 2018

SAMAGOSTO

Fomos quen de crear unha palabra nova: SAMAGOSTO; pero non fomos orixinais, outros celebraron tamén o magosto e o samaín xuntos.

Imos explicarnos axiña: se hai que pasar medo despois non queda outra que encher o bandullo, sempre dixemos en Cela que as penas con pan, son menos penas.

Estamos escribindo do mércores 31 de outubro, alá apareceron a primeiras horas, colexialas coa cara chea de pingas de sangue, diaños con tridente, zombis e máis zombis,...

E así con esa pintiña fomos ao "Truco ou trato", oímos as palabras que botan fóra o meigallo, bebemos beberaxe máxico e escoitamos con paixón os contos de medo. Era samaín.


 Con tanto medo, a fame facía estragos. En canto poidemos engulimos castañas e máis castañas, xunto con bocatas de chouriso, lambetadas que saíron dun trato e auga para refrescar; algúns botaron en falta a colaloca porque a beberaxe tomámola en frascos pequenos e doce coma o zume, claro, así non apaghou a sede.
 Todo rematou con xogos que nos trouxeron Manolo Otero e os seus compañeiros.
Gracias a todos.


Ah, polo lei de protección de datos non temos detalles nin primeiros planos; pero dicir que algúns aproveitaron para ver con ollos doces as súas parellas, non sabemos se se colleron da man na escuridade dos contos. É estupendo que a xente se queira.
Bicos a todos



miércoles, 1 de noviembre de 2017

REMATAMOS CO SAMAÍN

Luís e María no obradoiro de lendas 
O pasado martes 31 de outubro, a partir das doce e media, o alumnado de terceiro e cuarto tivemos obradoiros: narración de lendas terroríficas, truco ou trato, apócemas, maquillaxe e cociña.
As nais e pais no obradoiro de cociña
Alumnos de 3º cos seus disfraces




                                       






Graciñas a todos polo voso esforzo.          

domingo, 29 de octubre de 2017

ESPIGAS TRANSFORMADAS


Bruxa e Frankestein
Espigas de millo transformadas 


Xa que neste tempo aínda gozamos cos transfor-mers convertemos as espigas, despois de sacarlles as barbelas e os follacos, en seres míticos arrepiantes: dráculas, frankesteins, meigas; pero tamén outros que coñecemos nos ditos e lendas: gatos negros, ánimas da Santa Compaña. Xuntamos cabazas, teas, las, cartolinas, gomets, ...

Aproveitamos a chegado Samaín para expoñelas no corredor do andar superior da escola.


Detalle dunha ánima co seu farol 
A fada cos seus amuletos

Fadas cos seus tesouros representadas na exposición do corredor de 3º e 4º.


PATRIMONIO INMATERIAL: LENDAS

Continuamos DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS e amosamos no mural de dinamización da lingua galega as nosas pesquisas sobre as lendas como exemplo de patrimonio inmaterial.

O Home do Saco, A Cova de Picó, A Poza da Moura, A Pedra Fendida, O Buraco da Lontra, A Santa Compaña son distintos títulos que se recolleron. Ás veces as versións non coinciden porque sobre o mesmo mito as persoas foran cambiando ou engadindo detalles.


Eva ademais de recoller a lenda do Home do Saco realizou  esta transformación da súa cabaza ao coincidir co Samaín.