Translate

jueves, 22 de marzo de 2018

SEMANA DA POESÍA


Hoxe xoves 22 de marzo continuamos cos encontros arredor da poesía.
Xuntáronse cuarto e sexto que manteñen unha relación de grupo por as actividades realizadas dentro das titorías entre iguais.
Os de sexto declamaron poemas despois de introducir as nocións básicas dun poema.
Os de cuarto lembraron versos escritos por García Teijeiro da obra “Lendo lendas, digo versos” que nos visitará nun futuro próximo.
Estupendo encontro!



miércoles, 21 de marzo de 2018

ENTREVISTA A MIRIAM FERRADÁS

Os alumnos de cuarto escribiron as preguntas para unha entrevista a unha muller amante da poesía, poeta, ensinante e dinamizadora da cultura galega.
Xoel, Eva, Asier e Sonia realizaron as preguntas dos seus compañeiros nunha entrevista chea de sinceridade.
Na galipedia tendes máis datos sobre Miriam Ferradás. Fai clic.
Parabéns polo voso traballo!

Desexamos que pasedes un estupendo Día da Poesía.

LIBROS ELECTRÓNICOS NA REDE

Lendo "Los Atrevidos en busca del tesoro"
En colaboración con algunhas familias e grazas ás aportacións dos bibliotecarios municipais realizamos a experiencia de entrar en
 https://catalogo.galiciale.gal/Record/Xebook1-251.


Ilustración de Víctor Ribas para
"Escarlatina a cociñeira defunta"
Galicia Le é a plataforma da Rede das Bibliotecas Públicas de Galicia onde se poden ler algúns  libros en galego en formato dixital. Aí localizamos a "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Leticia Costas e ilustrada por Víctor Ribas. O debuxante que nos visitara para falarnos do seu traballo a finais do pasado curso. Consultamos tamén tamén o catálogo en castelán, máis amplio. "Los Atrevidos en busca del tesoro" de Elsa Punset foi a obra que utilizamos como exemplo.

  

sábado, 17 de marzo de 2018

O HOME DO SACO, A POZA DA MOURA e A CAPELA DE SAN LOURENZO


Eva, Nuria e Sonia recolleron estas tres fermosas lendas tradicionais que habitan no noso patrimonio inmaterial. Dúas son de Cela e a terceira do veciño municipio de Moaña.
A ver se es quen de colocalas en Cela e Domaio.
Un traballo estupendo!!
Que non te despiste que podes saír de Beluso e chegar aos montes de Cela andando, que non é tanto camiño. 






LENDAS URBANAS


África e Irena recolleron narracións de mitos que non son tan tradicionais; pero están estupendas cando as escoitamos ou as lemos. Algúns introduciríanas nas lendas urbanas. Seguro que nos sorprenderán con máis como a que falaba das visións dunha nena que tamén elas nos contaron.
As rotondas, os pozos, as curvas, ... tamén teñen a súa lenda.
Muitas gracias!!



miércoles, 14 de marzo de 2018

A LENDA da PEDRA FENDIDA e a de A COVA DE PORTOMAIOR


Con este traballo tratamos de facer multidisciplinar a nosa investigación arredor das lendas:
➮Recollelas das nosas familias ou veciños
-Escribir os textos na clase de informática
-Gravar en Radio Faladoiro
-Editalo no blog de terceiro e cuarto
Que o pasedes ben lendo ou escoitando!




lunes, 12 de marzo de 2018

PRENSA NA CLASE

Durante a semana do 5 ao 9 de marzo traballamos na clase cos xornais. Redactamos preguntas para as entrevistas ás mulleres, elaboramos os titulares e a redacción dunha noticia (quen?,  que?, onde?, cando?, como?  estaban na nosa cabeza); ata nos atopamos cunha lenda urbana "O hotel dos horrores de Poio"; na radio escolar realizamos unha entrevista a unha muller imaxinada por nós de Cela.

Se nos esquecía que localizamos informacións referidas á poboación dos sectores primario, secundario e terciario relacionando coas ciencias sociais.
Axudaron as páxinas Abalar  e os xornais enviados ao centro de La Voz de Galicia e o Diario de Pontevedra.

Redactamos as propostas de Dinamización da lingua e biblioteca escolar

VISITA DAS NAIS DA ANPA

Realizando as preguntas preparadas e recollendo respostas
Os nenos e nenas de cuarto recibimos, conmemorando o Día Internacional da Muller, a visita de dúas nais da ANPA para conversar con nós. Elexímolas como exemplo de mulleres que realizan o esforzo voluntario de aportar á comunidade escolar a súa colaboración. Ademais realizan o seu labor diario, as veces coa ausencia prolongado dos seus maridos, polo que teñen que encargarse de múltiples tarefas.
Defendemos a igualdede real das mulleres.