Translate

domingo, 29 de octubre de 2017

VISITAS Á BIBLIOTECA

  Alumnado de 3º mostrando as portadas
Como cada semana os alumnos de terceiro e cuarto visitamos a biblioteca nas nosas sesións de traballo. Nesta ocasión realizamos actividades coordinadas pola biblioteca: lembrar e expor nun mural a tapa dun libro que nos parecese atractivo, coloreada e ilustrada por nós, despois de comentar cos compañeiros o porqué da recomendación; pero tampouco esquecemos formarnos como usuarios para localizar máis facilmente os recursos que na biblioteca existen.

Cuarto curso antes de pegar no mural as recomendacións


ESPIGAS TRANSFORMADAS


Bruxa e Frankestein
Espigas de millo transformadas 


Xa que neste tempo aínda gozamos cos transfor-mers convertemos as espigas, despois de sacarlles as barbelas e os follacos, en seres míticos arrepiantes: dráculas, frankesteins, meigas; pero tamén outros que coñecemos nos ditos e lendas: gatos negros, ánimas da Santa Compaña. Xuntamos cabazas, teas, las, cartolinas, gomets, ...

Aproveitamos a chegado Samaín para expoñelas no corredor do andar superior da escola.


Detalle dunha ánima co seu farol 
A fada cos seus amuletos

Fadas cos seus tesouros representadas na exposición do corredor de 3º e 4º.


PATRIMONIO INMATERIAL: LENDAS

Continuamos DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS e amosamos no mural de dinamización da lingua galega as nosas pesquisas sobre as lendas como exemplo de patrimonio inmaterial.

O Home do Saco, A Cova de Picó, A Poza da Moura, A Pedra Fendida, O Buraco da Lontra, A Santa Compaña son distintos títulos que se recolleron. Ás veces as versións non coinciden porque sobre o mesmo mito as persoas foran cambiando ou engadindo detalles.


Eva ademais de recoller a lenda do Home do Saco realizou  esta transformación da súa cabaza ao coincidir co Samaín.

lunes, 16 de octubre de 2017

Lenda da CAPELA DE SAN LOURENZO


   Situada nos límites de Cela co tempo fóronse derrumbando as paredes e arruinouse.Unha familia levou restos dos muros para facer a obra na casa que precisaban.  Cando ían colocar as pedras feríanse os canteiros un e outro día, así moitas veces.  Decidiron non rematar a obra por se as pedras estaban malditas.
Sonia recolleu unha das variante da lenda sobre as ruínas de San Lourenzo. 
   




domingo, 8 de octubre de 2017

DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS

Comezamos a desenvolver o noso proxecto partindo da fase de motivación:

Recollendo información no museo Liste en Vigo
  • Visita ao museo etnográfico Liste en Vigo
  • Encontro no centro educativo con Arturo Sánchez Cidrás
  • Recollida de información sobre un feito social moi relevante en Cela: a vendima



Recipientes de líquidos
Arturo S.  Cidrás no CEIP da Torre
O alumnado de 3º e 4º de primaria recibe as explicacións do investigador Arturo Sánchez Cidrás sobre o patrimonio etnográfico nos apartados de cultura inmaterial e oficios.
As leiteiras, zapateiros, regateiras, carpinteiros, mandadeiras, cesteiros, costureiras, ... apareceron ante os ollos dos máis novos  lembrando uns labores que desempeñaron os avós e na actualiade están esquecidos ou transformados dun xeito relevante. 



A leiteira (M. Liste)
No seu caderno de campo o alumnado de cuarto pintaba ideas sobre algunhas lendas, mitos, contos populares; xunto con outras manifestacións da tradición oral que xa chamaran ao seu maxín a partir da visita ao museo Liste en Vigo.

A Cova da Londra, a Pedra Fendida, a fonte nas ruínas de San Lourenzo, ... mesturaban ideas máxicas e os seus sentidos buscaban un dragón que fendera a rocha, unha lontra que temían os mariñeiros, as mouras xurdidas das augas, ...



No museo Liste escoitando os instrumentos tradicionais da música popular. No CEIP da Torre construímos o carrizo co material facilitado: unha cáscara de noz, un fío e un pau plano.



Moitas grazas a Arturo -investigador-,  Erika e Vitoria -antropólogas do museo Liste-  polo seu esforzo divulgador e mostrarnos os recursos recompilados con tanto interese.