Translate

martes, 28 de abril de 2020

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA....EN CASA

Bos días rapazada!

Hoxe é o Día da Educación Física na Rúa....en Casa, así que, para celebralo, vos propoño que fagades algunha actividade relacionada coa Educación Física na vosa casa, que vos parece? Xogos, bailes, ximnasia, circuitos...o que se vos ocorra, pero o importante é MOVERSE!
Aquí vos deixo tamén unha divertida actividade que nos propón o COLEF (Consejo General de la Educación Física y Deportiva) Se queredes, podedes compartir os vosos vídeos e fotos no novo PADLET DE EDUCACIÓN FÍSICA, premendo AQUÍ. Pasádeo moi ben!



jueves, 16 de abril de 2020

MÁIS XOGOS DE "ANDAR POR CASA"

Boas de novo Familias, 

Hoxe vos propoño facer unhas carreiriñas pola nosa casa, pero levando algo nas nosas mans: UN PAPAVENTOS!

NESTE ENLACE tedes as instruccións para construír un dun xeito moi, moi sinxelo, e que pode voar sen necesidade de que haxa vento, só tedes que CORRER!

Moito ánimo e....A XOGAR!!!



lunes, 13 de abril de 2020

AMAZING EASTER EGG HUNT WITH KATIE!

Boas Familias!

Volvemos de novo da man da nosa encantadora Auxiliar Katie, que nos sorprende cun fantástico vídeo para preparar unha Búsqueda de ovos de Pascua, moi divertida!.Dádelle ao "play" e....a APRENDER e  a XOGAR!

viernes, 3 de abril de 2020

BÚSQUEDA DE OVOS DE PASCUA

Boas familias,

Como xa estamos case en Pascua, que vos parece facer na casa un xogo divertidísimo relacionado con esta temática? NESTE ENLACE atoparedes as instruccións para unha Búsqueda de Ovos de Pascua, para xogar en familia. O Coelliño de Pascua esconde os ovos e os demáis... a buscalos! 

Este xogo está baseado no que realmente xogan en Pascua os rapaces e rapazas de países de fala inglesa, como os Estados Unidos, de donde é Katie.

Se vos apetece saber un pouco máis desta tradición, botádelle un ollo ao blogue de 1º e 2º ou de Infantil, que explicamos un pouco de que trata.

A XOGAR! 



jueves, 2 de abril de 2020

Actividades de Educación Musical: a arte entra nas nosas casas (3º e 4º EP)

O profe Jose ten accesibles na súa web un montón de actividades e xogos para que fagades estes días. Quen se atreva a abrir a porta e deixar entrar a arte na casa, xa sabedes!
 
musica amigas GIF

Este é o enlace á web onde podedes atopar unha proposta de tarefas do máis entretido: xogos para compoñer, ditados musicais... e mesmo gravar un vídeo ensaiando unha canción e compartilo no padlet!

enlace web

 E tamén tedes moitas cancións e recomendacións interesantes no blog de Música do cole. Non o perdades!


Symbaloo para traballar a linguaxe oral, da profe Finu (3º a 6º EP)

A profe Finu escolleu varios recursos para traballar a linguaxe oral. Tédelos todos neste Symbaloo. 

abajo rebajasparatodos GIF by Walmart Mexico



Contos, poesías, e moitos máis recursos para seguir viaxando desde a casa, xa que temos que seguir durante unhas semanas máis sen saír.

Moita sorte e a medrar, aprender e practicar a oralidade con estes contos.