Translate

martes, 31 de marzo de 2020

Contexto Científico: Recomendacións para esta semana (3º e 4º)

Bo día, esta semana desde o Contexto Científico propoñemos algúns xogos para que repasedes cousas que levamos traballado todo o curso e descubrades algunha novas.

 christian martinoli viernes GIF

Atentos e atentas, pequenos científicos e científicas. Algúns xa estades moi moi preto de conseguir o carné de científico ou científica á volta ao cole!

Aquí van as recomendacións para os próximos días:

 
  
 https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5331876-aparato_respiratorio.html
 
Pode xogar só ou con máis xente. É un xogo de mesa online, tipo a Oca, pero con preguntas sobre ciencia!
http://www.eresuncientificosabio.csic.es/index.php

Por último, aquí vai unha recomendación lectora dun cómic de Proxecto Terra para que reflexionedes sobre o impacto medioambiental e a transformación da paisaxe e do medio pola acción das persoas.

http://proxectoterra.coag.es/wp-content/uploads/2015/08/PR_3%C2%BACiclo-Conto-AViaxeDeUlo.pdf
 

 Disfrutádeo!

lunes, 30 de marzo de 2020

MÁIS XOGOS NA CASA, HOXE.....CIRCUÍTO!

Boas Familias,

Que tal foi ese baile? "To the left, to the left, to the left....." Moi divertido, seguro!

Hoxe vos propoño unha actividade que me encanta: CIRCUÍTO! 
Teremos que adaptarnos ao que temos na casa, non teremos os quitamedos, as espaldeiras ou o minitramp do ximnasio, pero habémolo pasar ben igual.

AQUÍ vos deixo o enlace para que vexades a proposta.

Ánimo, e a mover o corpo!!

Cálculo mental: divisións e outras operaciós básicas (3º EP)

A mestra Irene recoméndanos as seguintes webs para facer cálculo mental de divisóns sinxelas. Vaivos gustar moito facelas. E corríxense ao momento!
 Matematicas GIF - Mathematics Genius Math GIFs
Podédelas facer tanto na tablet ou móbil coma no ordenador. A entrenar esa cabeza e a por todas!

Instrucións: Non podedes usar papel nos tres primeiros xogos. Só podedes usar lapis e papel nas divisións do último enlace.

English: Repasamos na rede (3ºEP)

A mestra Esther recoméndanos esta web para repasar online cousas que se traballaron ao longo do curso. Non precisa rexistros nin descargas, só picar nela e repasar contidos. Conecta o son dos teus altavoces para ir escoitando e a practicar!

english GIF

 Este é o enlace. A abrir metaforicamente os oídos e a somerxerse no inglés. Regards!

domingo, 29 de marzo de 2020

Repaso interactivo de acentuación. Poñendo o til! (3º EP)

Seguimos mellorando no uso do til, en acentuar graficamente as palabras que o necesitan, para que os vosos textos sexan cada vez mellores, con mensaxes potentes, e desenvolvades o superpoder de escribir ben.

Edna Se Pone A Diseñar GIF - PapelYBoli Diseñar Diseñadora GIFs

Por iso propoñemos esta actividade interactiva para repasar as regras de acentuación e facer uns exercicios de práctica para non esquecer o que traballamos durante o curso. Podes facelos a continuación, no blog, ou darlle a este enlace se prefires velo máis grande. Despois, envía os resultados por mail á túa profe.

Sorte e a por todas!


viernes, 27 de marzo de 2020

DE 3º A 6º: JUGAMOS CON LAS MATEMÁTICAS

Aquí tenemos otra tanda de juegos, actividades y acertijos matemáticos para que sigáis trabajando vuestras súper habilidades...

Entrad en el siguiente enlace para ver el documento: enlace

¡Seguimos!

COMPARTIMOS SOLIDARIEDADE

Nós, os compañeiros e compañeiras de sexto tamén compartimos o aplauso con todos e cada un dos colectivos que traballan coa presión de soportar unha responsabilidade tan enorme.
Todos están nos nosos corazóns e precisan da nosa axuda.










Estamos aquí, ao voso lado:

   Homes e mulleres traballadores sanitarios.
Coidadores das persoas maiores.
Traballadores da limpeza e desinfección.


Obreiros e obreiras do metal que fan envases para as fábricas de conservas, mecánicos dos talleres que reparan ambulancias, obreiros da construcción, ...
Traballadores do campo e o mar.
Corpos e forzas de seguridade.



Repoñedoras e caixeiras dos supermercados.

Xornalistas e responsables técnicos dos medios de comunicación.

Os nosos avós xubilados que están asustados.

Familias que conviven nun espazo pequeno e están cansados.
Os que non citamos e que tanto precisamos... 











ENTRE TODOS VENCEREMOS!!



Emocións: Vídeo rosa contra o virus

Como sabedes, a xestión das emocións pode axudarnos moito a sorbrelevar situacións difíciles. Por iso, a mestra Mariló comparte con nós esta proposta de conto, o vídeo rosa contra o virus, para que reflexionedes e vos fagades máis fortes fronte ao que estamos vivindo.
Mental Health Love GIF by Mat Voyce
Aquí vai a súa proposta!

Primero vemos el vídeo rosa contra el virus:




1. ¿Quieres expresar cómo te sientes después de oir el cuento?

2. Dibuja el virus como un monstruo y busca ideas para vencerlo.

3. Puedes hablar con un adulto sobre otros posibles miedos que tengas y cómo vencerlos.

4. Busca en el diccionario: ¿Qué significan "cuarentena" y "salud"? ¿Qué son un "virus" y el "aislamiento"?

5. Inventa una canción sobre el coronavirus.

Luego si puedes haz una sencilla presentación (nombre, día del confinamiento, emoción que sientes...) y graba la canción para compartir con los demás del grupo. Estoy segura que les encantará.
Un gran abrazo y ánimo a todos.

jueves, 26 de marzo de 2020

Puntuar os textos, un superpoder (3º EP)

Unhas das aprendizaxes máis útiles da escola é aprender a expresarse por escrito, a todos os niveis: eficacia da mensaxe, organización das ideas ou precisión son algunhas das habilidades que conforman o superpoder de ser un bo ou unha boa escritora.

Snoopy Writing GIF - Snoopy Writing Typewriter GIFs

Para seguir entrenando este superpoder temos unha selección de recursos para que practiquedes o uso de puntos, comas, e os dous puntos, entre outros. Todos os xogos serven tanto para ordenador como para tablet ou móbil. Xoga e practica!

BAILAMOS "CUPID SHUFFLE"

Boas, Familias

A proposta de Educación Física de hoxe vén da man da nosa Auxiliar de Conversa, Katie, que nos propón unha coreografía de baile, un "line dance" moi popular nos Estados Unidos, que se chama CUPID SHUFFLE. Os pasos básicos son moi sinxelos, se pinchades AQUÍ, veredes un TUTORIAL explicándoos, que entenderedes á perfección (catro pasos á esqueda, catro á dereita, agora patada, patada.....). 

Logo de aprender a coreografía, xa estaredes preparados para bailar como os rapaces e rapazas do video que tedes máis abaixo.
Botádelle tamén un ollo ao Blogue de 1º e 2ª de Primaria, se queredes ver outra versión un pouco máis sinxela.

Pasádeo moi ben!





miércoles, 25 de marzo de 2020

Matemáticas: Algúns xogos interactivos para repasar cálculo (3º EP)

Para seguir espremendo os miolos, temos que seguir entrenando o cálculo mental. 

Aquí vai unha actividade para que xoguedes nas vosas casas e, ao mesmo tempo, practiquedes o cálculo. Cando remates, tes unha selección de xogos interactivos para repasar o cálculo de distintas maneiras (todos serven tanto para ordenador como para tablet ou móbil).

Que gañe o/a mellor e... a xoooogar!

Elmer Sheep GIF - Elmer Sheep ThumbsUp GIFs


O PREZO XUSTO

Só precisas lapis e un papel. Podes xogar cos teus irmáns ou cos maiores (se teñen tempo). 
Observa atentamente cada unhas das seguintes imaxes e apunta no papel canto cres que custa cada cousa. Exemplo: Escribe A: 32€, se pensas que o obxecto A ten un prezo de 32€, ou o que ti consideres.

Unha vez apuntes a cantidade que pensas que custa, clicka na imaxe para averiguar canto vale realmente. Se xogades varios, gaña o que se acerque máis ao prezo real pero... SEN PASARSE! 😉
Se xogas ti so ou soa, gañas se cometes un erro de menos de 2€. 

Non é nada doado así que... moita sorte!!
 

A) Libro: Mujercitas

https://www.alianzaeditorial.es/libro/alianza-literaria-al/mujercitas-version-integra-ilustrada-louisa-may-alcott-9788491815747/













B) Altavoces Woxter
https://www.pccomponentes.com/woxter-big-bass-95-altavoces-20












C) Xogo: Just Dance para Nintendo Switch
https://www.fnac.es/Just-Dance-2020-Nintendo-Switch-Juego-Nintendo-Switch/a6932009?gclid=CjwKCAjwguzzBRBiEiwAgU0FT-9eA2TB13Lx5e0o2YCT0IpJYxoLxKWDsh3b2dY_U3AX_JncaV2v2BoCGTwQAvD_BwE&gclsrc=aw.ds&Origin=GOO_PLAS_MKT_GAM












 D) Surtido de 88 bombóns de Nestlé (800 g)
https://www.elcorteingles.es/supermercado/0110120602300285-nestle-caja-roja-bombones-surtidos-estuche-800-g/











 E) Pantalón vaqueiro de Zara Kids
https://www.zara.com/es/es/jeans-slim-vintage-b%C3%A1sico-p06987671.html?v1=34229458&v2=1443874



















F) Mochila Superman
https://www.amazon.es/DC-DC-BMVS-JBP-Superman-Junior-Backpack/dp/B012FQL5DW/ref=sr_1_42?dchild=1&keywords=mochilas+infantiles&qid=1585156117&sr=8-42













Agora, podes xogar a estes xogos interactivos para seguir poñéndote a proba. Aprende e divírtete, son autocorrixibles!

  • Repaso de tablas de multiplicar: Pulsa "jugar" e despois cando se abra a portada do xogo, que está en catalán, pulsa o símbolo > (abaixo á dereita) para empezar a unir cada multiplicación co seu resultado (pinchando e arrastrando).
  • Xogos para multiplicar: Aquí tes varios xogos para practicar a multiplicación. Especialmente interesantes os de dobles e triples (marcas o número e daslle á tecla enter do teclado se estás no ordenador, ou á frecha --> do teclado se estás no móbil ou na tablet), a multiplicación de números que rematan en cero (mesmo sistema para introducir os números),  e o de cálculo mental.
  • Drag Race, carreira de divisións: Indica o resultado das sinxelas divisións para poder avanzar na carreira. Dalle a Play, introduce o teu nome, dalle a Play Now, logo a Star Game e comeza a resolver divisións coa cabeza!
  • Debuxo de simetrías: Pulsa sobre Jugar, despois pulsa o símbolo > (abaixo á dereita) para empezar a xogar, escolle nivel (1, 2 ou 3) e completa as simetrías pinchando primeiro na cor, e arrastrando despois ata o cadradiño que queres colorear. Así desenvolvemos a nosa capacidade espacial!
Parabéns por chegar ata aquí! Moi bo entrenamento, a seguir! :)

XEOGRAFÍA DE GALICIA

Exposición de traballos sobre a cartografía

Nestes días parécenos axeitado facer unha viaxe virtual por Galicia. Como non viaxamos en autobús, dadas as circunstancias,  a atmosfera estará encantada: menos contaminación!
Hai actividades que son sinxelas pero outras non tanto. So pedimos que antes de contestar busquedes a información e non respondades ao chou.

Bueno, todos, todos cometemos erros. Se contestamos algún apartado por ensaio/ error tampouco pasa nada e se saltamos as mui difíciles tampouco.
Intentámolo!


Modelamos o municipio de Bueu, O Morrazo, Galicia, ...


Este traballo do que é autor José Manuel Boo está no espazo Abalar


CLICANDO

No apartado Web, vídeos do traballo tendes imaxes espectaculares de Galicia




martes, 24 de marzo de 2020

IV Concurso de Adiviñas da biblioteca

No blog da Torre das Palabras xa está en marcha o IV concurso de adiviñas, que este ano, como non podía ser doutra maneira, será virtual e terá que ver co proxecto deste ano, I've got de power, eu teño o poder!

captain marvel hero GIF by hannahgraphix


Todos os martes e xoves haberá unha adiviña no blog da biblio, e quen queira participar mandará a resposta ao enderezo electrónico torredaspalabras@gmail.com, indicando o voso nome e curso.

Aquí van as instrucións, e se queredes participar lembrade visitar o blog da biblio os martes e xoves.



















Sorte a todos os Torriños e Torriñas!

lunes, 23 de marzo de 2020

Repaso de acentuación e tiles (3ºEP)

Sabemos que unha das cousas que máis custa que incorporedes aos vosos escritos son as tiles, acentuar ben graficamente as palabras que o necesitan.

Siaduana Yes GIF - Siaduana Si Yes GIFs

Por iso, aquí vai unha selección de actividades interactivas para que lembredes as normas de acentuación e practiquedes un pouco, podendo autocorrixirvos.

Os seguintes xogos está comprobado que funcionan tanto en PC como na tablet ou móbil. Pero fixádevos ben, que algúns teñen publicidade e hai que esperar uns segundos e darlle a "saltar anuncio" para poder empezar a xogar.

1. Acentúa correctamente: seleccionar palabras agudas, llanas e esdrúxulas.
2. Repaso das regras de acentuación: marca a resposta correcta para repasar as regras.
3. Sinala as palabras ás que lles falta a til. Descubre cales deben levar!
4. Selecciona as palabras que están correctamente acentuadas: intenta non gastar todos os fallos.
5. Agrupa as palabras do mesmo tipo (agudas con agudas, graves con graves, etc.)

E só para os/as que o fagades en ordenador (non funcionan en tablets ou teléfonos):
6. Acerta se é aguda, grave ou esdrúxula e a ver que sae da caixa.
7. Cada palabra a su casa: clasificar en aguda, llana e esdrúxula.
8. Coloca a tilde ás palabras que deban levala (Anaya)
9. Caza palabras na noite e dalle ao botón vermello

Sorte e agora... a incorporar as tildes nas túas creacións, poemas, textos e cancións!

Contexto Científico: Un experimento para cada día da semana (De 3º a 6º)

Como estades, pequenos e pequenas científicas?

Estes días temos o Contexto de Ciencias parado, pero hai algunhas ideas locas e divertidas que podedes facer na casa con material que atoparedes fácil na cociña ou no baño, e que vos permitirán seguir entrenando o método científico que poñemos en práctica nos recantos do noso contexto.

Lembras a lectura que propuxemos onte da autora Sara Crego? Pois como ela ben vos dicía, o xabón cumpre un papel moi importante para derrotar ao covid-19. Por iso, imos facer un especial de experimentos de ciencia onde xoga un papel especial o xabón. A loitar desde a ciencia!

1. POMPAS DE XABÓN: CONSTRUÍNDO BURBULLAS

Materiais: 
  •  Unha bandexa ou fonte con 3 partes de agua, 1de xabón líquido (de fregar pratos) e, se tes, unha cullerada de glicerina (se non tes podes botarlle unha cullerada de azucre).
  • Palliñas de refresco

Pasos a seguir: 
  • Coa bandexa coa mezcla de auga, xabón líquido e glicerina ou azucre (ben removida), introduce a palliña e comeza a soprar.
  • Que forma ten a túa pompa?
  • Cando fas moitas pompas, que forma fan entre si? E cando están unhas enriba das outras? Ocupan o maior ou o menor espazo posible?
  • Serías capaz de facer unha pompa dentro doutra pompa? Se fabricas un pompeiro caseiro podes lanzala pola fiestra para limpar o camiño das persoas que teñen que ir a traballar, como a protagonista do texto que limos onte, de Sara Crego.
Pensa se a forma que observas nas pompas ten algún tipo de relación coas abellas e por que será.

Aquí algunhas imaxes de cando fixemos a experiencia na Semana de Ciencia da Biblioteca.
Idea extraída dun curso cos inspiradores Jose Viñas e Patricia Barciela.

2. LANCHA ANTIVIRUS RÁPIDA CON XABÓN

Materiais:
  • Cartolina
  • Un bol ou fonte grande (para que a nosa lancha poida desprazarse polo recipiente)
  • Auga
  • Xabón líquido (como o de fregar os pratos)
 Pasos a seguir:
  • Colle a cartolina e recurta a silueta dunha lancha. Vai ser a tú lancha derrota-covid19! Faina pequeniña para que che colla ben dentro do bol ou dentro da fonte que teñas.
  • Pon a lancha antivirus sobre a auga (con coidado para que non se afunda).
  • Agora pon un pouco de xabón no dedo e toca a auga por detrás da lancha sen tocala.
  • Sae disparada? Por que será? Que propiedades máis curiosas ten o xabón, con razón é a mellor forma de combater ao virus!
 

Idea extraída do libro Los maravillosos experimentos de Jorge, libro de experimentos baseado no libro de Roald Dahl.

3. A FORMA DAS GOTAS

Materiais:
  • Auga
  • Alcohol
  • Aceit
  • Papel de forno
  • Palillos
  • Contagotas (vale o de calquera medicamento). Se non temos contagotas podemos usar unha palliña de refresco, para tentar botar unha gota soa.
Pasos a seguir:
  •  Co contagotas (ou coa palliña, se non tes) pon unha gota de auga, unha de alcohol e unha de aceite nun pedazo de papel de forno.
  • Observa ben as 3 gotas. En que se diferencian?
  • Intenta pinchar a gota de auga cun palillo limpo. Rómpese?
  • Intenta pinchala agora cun palillo bañado en xabón de fregar os pratos. Que pasa agora?
  • Ocorre o mesmo coa gota de alcohol ou a de aceite? 
 Por que será que ocorre isto co xabón?

 Idea extraída dun curso con Jose Viñas e Patricia Barciela.

4. PODE O XABÓN ROMPER A AUGA?

Materiais:
  • Clips
  • Bol con auga
  • Tenedor
  • Xabón líquido (de fregar a louza)
Pasos a seguir:
  •  Pon un clip na auga. Verás que se afunde, non flota.
  • Agora proba a depositalo sobre a auga cun tenedor, lentamente. Consegues que flote? 
  • Fíxate na sombra que proxecta no fondo do bol. É curiosa, non si?
  • Agora engade un pouco de xabón líquido á auga. Que pasa co clip? Rompeu o xabón á auga e por iso cae o clip que flotaba? Cada vez nos sorprenden máis as bondades do xabón, se pode romper a auga seguro que pode acabar tamén co coronavirus! 
 
  • Truco: Se non consigues facer flotar o clip co tenedor, podes untalo con cera dunha vela ou con aceite, así seguro que consegues que non se afunda. 
 Idea extraída dun curso con Jose Viñas e Patricia Barciela.

5. O CORDEL MÁXICO

Materiais:
  •  Recipiente con auga
  • Xabón líquido de fregar os pratos
  • Fío de algodón
  • Pauciño (de brocheta, dunha rama...)

Pasos a seguir:
  •  Cortamos 10 cm de fío de algodón e atamos os extremos cun nudo, formando un círculo.
  • Deixamos o lazo na superficie da auga procurando que flote.
  • Cun pauciño mollado en deterxente tocamos no medio do círculo.
  • Que lle pasa á auga? Que lle ocorre á corda? 


Canta maxia en só dous ingredentes principais, auga e xabón. Este covid19 ímolo parar. Lavade moito as mans e seguide descubrindo como funcionan elementos da vida cotiá que teñen propiedades moi importantes das que aínda temos moito que aprender. E parabéns por ter chegado ata aquí!
Idea recollida de  FQExperimentos

Quen sexa capaz de facer todos os experimentos, sacar unha fotografía da cada un e explicar en 3 ou 4 liñas cada experimento (pódese facer tamén unha ilustración debaixo da explicación), recibirá un carné de científico/a á cando volvamos ás clases presenciais e gañará puntos para poder participar na Feira da Ciencia.

Sorte e a por todas!

XOGOS E ACTIVIDADES PARA "ANDAR POR CASA"....SEGUNDA PARTE


Boas Familias,

Achégovos neste enlace, unha nova proposta de xogos, seguindo a liña das recomendacións anteriores, con materiais que todos podemos ter na casa. O importante é pasar un bo rato ao tempo que nos movemos e, xa que estamos, dámoslle unha pequena volta aos xogos para mellorar as nosas capacidades. 

Pasádeo moi ben!


domingo, 22 de marzo de 2020

Actividades TIC de Lingua Galega: O Portal das Palabras

A continuación tedes unha selección de actividades en forma de xogo para repasar contidos traballados na área de Lingua Galega e para empregar vocabulario que quizais tedes agochado na vosa memoria a longo prazo e que convén rescatar para non esquecerse del.

A poñer en marcha esas cabezas!


Recomendados de 3º a 6º de Primaria:
Recomendado para 5º e 6º de Primaria:

Sorte, tentade rescatar as palabras que xa sabiades e aprender outras novas para ir construíndo a vosa casiña de palabras particular!

Lectura: K.O.ronavirus, de Sara Crego

Para achegarnos ao motivo que nos ten traballando a distancia desde as nosas casas, propoñémosvos esta lectura, que explica dunha forma poética e moi inspiradora a crise sanitaria do coronavirus.

Enlace para ver a lectura con máis calidade ou descargala.



A partir desta lectura, podedes reflexionar acerca de:
1. Por que é importante quedar na casa para frear o contaxio.
2. A metáfora coa que explica como podedes os nenos e nenas parar o virus desde as vosas fiestras: É real que coas pompas de xabón se para o virus ou é unha interpretación poética que nos axuda a entender como se combate o covid-19?

Podes explicalo cun debuxo e rótulos explicativos (tipo infografía) ou por escrito, no caderno de Lingua Galega, con data de hoxe e título K.O.ronavirus de Sara Crego.

E agora, se non tes pompeiro e queres encher de pompas de xabón o teu entorno para colaborar na loita co virus de forma simbólica, podes facer o teu pompeiro caseiro vendo este tutorial de youtube.

Bo comezo de semana!

sábado, 21 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE RELIXIÓN


Ola, bo día familias!:

Espero que o esteades pasando o máis levadeiro posible.

Envíovos unha serie de propostas de actividades de traballo para repasar. Podedes facelas en folios ou libretas que teñades a man.

Xa sei que teredes otras tarefas pero trátase de que fagades o que boamente poidades e saibades ( 1 ou 2 cada catro ou cinco días), e se algo non entendedes, deixádeo e á volta xa falamos.

Repito, con calma e sen agobios, para entreterse e lembrar o dado.

Os de 5o e 6o consultade os temas 1, 2, 3 xa dados de Netex na plataforma Edixgal.

E tende en conta que do aburrimento tamén se poden sacar cousas interesantes e moi positivas.

Seguro que axiña nos vemos, ánimo e un saúdo moi grande...

Picade en cada ligazón para descargar os documentos.

-3º de primaria: documento
-4º de primaria: documento
-5º de primaria: documento
-6º de primaria: documento

Unha aperta ben forte!

Profe Manolo 

viernes, 20 de marzo de 2020

TRABALLAMOS AS CIENCIAS SOCIAIS:

No pasado recente coas lendas da nosa contorna fixeramos distintos tarefas, entre elas:

Gravar podcast para Radio Faladoiro Clica

Divulgalas a través de internet Clica


Podiamos agora facer unha viaxe virtual por algúns dos lugares que se citan nas lendas usando google maps.

Por certo, hoxe entra a primavera. Escoitamos a Vivaldi, mentras traballamos. Clica

Tamén realizar itinerarios para unha viaxe real (lugar e hora de saída, pousada para bocata, chegada). Combinar autobús e camiñatas.

Ah, buscade día sen chuva en meteogalicia ou noutra app do tempo.

Ánimo podedes gardar o traballo e expoñer, pegar na libreta, para mural, gravar, colgar en distintas plataformas, ...




miércoles, 18 de marzo de 2020

Propostas lúdicas para a ponte: 14 días, 14 retos

Estes días da ponte, como non podemos saír, propoñémosvos algúns retos divertidos para facer na casa. 14 días, 14 retos é unha proposta da mestra Marta Blanco Girón que nos gustou moito e que podedes ver nestas imaxes para facer a fin de semana máis levadeira e tentar entreternos, xogar e aprender doutras formas distintas ás que adoitamos facelo.


Aquí o enlace ao pdf dos retos por se preferides velo en grande.


Lembrade que nestes días podedes engadir ao Padlet de Super Ideas imaxes, reflexións, recomendacións, ideas, xogos ou calquera cuestión que queirades compartir deixando o voso nome, para que saibamos quen de vós escribe. Eu xa deixei a miña recomendación! Agora, tócavos a vós.

A profe Anahí tamén nos deixou algunhas recomendacións para estes días, para facer xogos con materiais moi sinxelos que podedes atopar na casa. Aquí o enlace onde tedes estes xogos para andar por casa.

Hai uns días, colgamos tamén unha selección de vídeos e actividades do Contexto Científico que podes facer. Se aínda non te mergullaches no interesantísimo mundo do efecto invernadoiro, as enerxías e o impacto medioambiental, tamén podes visitar ese post neste enlace.

E se non gravaches o videopoema, estás a tempo ata o venres! Grava un poema recitado, cantado, interpretado, teu ou dun poeta ou poetisa, e envíao a ceipdatorrecela@gmail.com.
Neste post tiñades algunhas recomendacións para facer este traballo.

Sorte, torriños e torriñas!

MICRORRELATOS: actividades de lectoescritura

Cartel da FANPA www.nontedurmas.org

No folleto da convocatoria indícase "UN RELATO CURTO narra unha historia ficticia, nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes (...). Deixa ao lector que deduza parte dos feitos e que se atope cun final inesperado".


Le microrrelatos en galego clicando

 http://blogs.nontedurmas.org/certame/relatos-premiados/2019-2/

Microrrelatos en lingua castelá no seguinte enlace http://recursosdidacticos.es/textos/lectura.php?id=245

Nota 6º curso: As respostas a través da tarefa do Tema 1 de lingua galega. Comprensión texto "Amiga invisible"


martes, 17 de marzo de 2020

Ideas para facer videopoemas: Día da Poesía

O día da poesía acércase, e a Torriño gustaríalle celebralo aínda que teñamos que facelo a distancia.

Por iso, desde a biblioteca do centro se vos pediu que tentedes facer cada un o voso videopoema antes do día 20, para despois facer unha montaxe con todos os vídeos que enviedes e poidamos disfutala desde as nosas casas.

Lembrade que pode ser un poema escrito por vós ou un poema de outros autores ou autoras. Podedes recitalo, cantalo, lelo ou representalo, e saír vós sos no vídeo ou con máis xente.

Aquí van algunhas ideas para facer este vídeo:

  • Orella pendella: É unha web con ditos populares, moitos teñen forma de poema e poden servir para gravar o vídeo ou para inventar un poema inspirándote neles.
  • Estes son algúns videopoemas creativos realizados por nenos e nenas doutros coles: Tal como as nubes (Rosalía de Castro), Oxalá (Celia Parra), A viaxe en nave espacial (Paula Carballeira). Como podedes ver, nalgúns saen os nenos e nenas e noutros non, saen as imaxes que eles gravan.
  • Estes son algúns videopoemas de poetas profesioanais, moi coidados esteticamente e con propostas moi creativas e en galego: Ingravidez (Rosalía Fernández Rial, esta é a súa web), Papel (Celia Parra, esta é a súa web).
  •  Poemas del alma: É unha web con poemas de autores consagrados en español, e onde tamén publican poemas autores nobeles coma vós.

Lembra! Cando teñas o vídeo feito, envíao a ceipdatorrecela@gmail.com.
Boa sorte, saúdos agarimosos e poéticos de Torriño e das e os vosos profes!

lunes, 16 de marzo de 2020

Matemáticas: Cálculo mental a través do xogo e divisións online

Esta é unha proposta para que practiquedes o cálculo mental a través de distintos xogos, e que non vos esquezades de facer divisións. Pero neste caso, ímolas facer online, a través dunha web que vos secuencia os pasos e ides introducindo os números, autocorrixíndovos.



Importante! Nas divisións online non é preciso encher todos os cadradiños, cando non se poidan baixar máis números, dádeslle a corrixir.

Xa que temos que pasar máis tempo na casa do que nos gustaría, entrenamos o cálculo de forma divertida e facendo uso das novas tecnoloxías. A darlle á cabeza! Sorte!


Actividades e vídeos Contexto Científico: Enerxía e desenvolvemento sostible

Para revisar algúns dos contidos sobre enerxía, efecto invernadoiro, impacto medioambiental e desenvolvemento sostible, do último contexto de ciencias, déixovos o enlace a algunhas actividades e vídeos que vos poden resultar de interese.










As seguintes actividades son para que repasedes o tema. Se tedes dúbidas podedes facelas cos apuntes diante, así ides localizando a información relevante. Xa sabedes, a por máis dun 70% de acertos!

Deíxovos neste enlace a teoría de 3º e 4º e neste enlace a teoría de 5º e 6º, por se vos quedou no cole e precisades acceder a ela.

3º e 4º de EP









5º e 6º de EP






VÍDEOS (3º, 4º, 5º e 6º)








 Se chegastes ata aquí, parabéns por ter dedicado un rato a pensar sobre como lograr un mundo menos contaminado, onde se respire aire limpo e non suban as temperaturas de forma descontrolada por mor das actividades humanas. Se queres, podes facer unha ilustración a cor de como sería Cela se usásemos enerxías renovables e lográsemos reducir ao mínimo as emisións de gases efecto invernadoiro, colgaremos as máis chulas na clase. Ata pronto!