Translate

miércoles, 25 de abril de 2018



ENTREVISTA A PEPE CARREIRO COA ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU

O venres 20 de abril tivemos a visita ao centro de Pepe Carreiro, creador dos exitosos Bolechas,  xunto con  representantes da Asociación de alfombras de Bueu.
Dentro do programa T+t, titores e titorizados fixeron unas vistosas alfombras dos personaxes dos Bolechas.
 Os alumn@s de 3º prepararon unhas entrevistas para facerlles

ENTREVISTA A PEPE CARREIRO


                                      

                                      

SAMUEL, DANIELA E SILVANA


 ENTREVISTA ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU


ALBA E XABI


                                      
                                      

martes, 24 de abril de 2018

ENTREVISTA Á DIRECTORA DO MUSEO MASSÓ

O 12 de marzo, a directora do Museo Massó, Covadonga López de Prado, visitou o noso centro. Expliconos as orixes da fábrica Massó e o seu funcionamento. Tamén nos falou de como xurdíu a idea de crear o museo. Os alumn@s de terceiro prepararon unha entrevista. Tres nenos tiveron a sorte de poder facerlla na radio





Manuel, Hugo e Alejo


ENTREVISTAS  DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Cada un dos alumn@s de terceiro fixo unha entrevista, cargada de vivencias e sentimentos, a unha muller da súa familia. Como este curso traballamos os oficios, unha vez máis centrámonos neste aspecto. Gracias a todas e cada unha desas admirables mulleres




Román, Manuel, Alejo, Alba, Xabi, Silvana, Vera y Hugo.




Iván, Daniel, Daniela, Saray, Samuel, Mauro y Paulo.

viernes, 20 de abril de 2018

OBRADOIRO DE ALFOMBRISTAS E VISITA DE PEPE CARREIRO

O 20 de abril recibimos a visita do autor dos Bolechas, Pepe Carreiro. O ilustrador colabora coa Asociación de Alfombras de Bueu para divulgar a cultura que se entretece arredor das rúas decoradas con distintos motivos na celebración do tradicional Corpus.
Moitas gracias a todos!!
A continuación podedes ver algunhas imaxes do obradoiro









VISITA A SANTIAGO

O martes, 17 de abril o alumnado de terceiro a sexto de primaria ralizaron unha visita ao Museo do Pobo Galego dentro do proxecto "Desenterrando os nosos tesouros".
Os alumnos realizaron un obradoiro onde a partir das materias primas como a madeira, barro, pedra, fíos -la, liño, cáñamo, ...- coñeceron distintos oficios: carpinteiros, telleiros,  canteiros, 
palilleiros, tecelás, redeiros, ...
 






De visita polas distintas instalacións observamos as súas ferramentas e algunhas particularidades dos traballos como as marcas dos canteiros, maneiras de falar que tiñan algúns oficios para que non os entendesen como os canteiros, telleiros e albaneis.

Unha viaxe estupenda!!



CARTAS DAS EMOCIÓNS

Os alumn@s de terceiro escribiron por grupos unhas cartas nas que expresaron os seus sentimentos hacia persoas que eles consideraron merecedoras deste afectuoso agasallo. Podedes escoitalas na voz dalgúns representantes de cada grupo


Hugo, Silvana e Xabi. Vera, ALba, Daniela e Manuel. Mauro, Daniel, Saray e Román





INVESTIGACIÓN DOS OFICIOS

Os alumn@s de 3º, dentro do proxecto “Desenterrando os nosos tesouros”, fixeron unha investigación dos oficios tradicionais de Cela e a súa contorna. Recolleron información sobre: en que consiste cada oficio, en que lugar e época do ano se leva a cabo,  ferramentas e utensilios que se empregan  e mesmo comentaron algunha graciosa, curiosa ou entrañable anécdota que se recorda. Aquí tendes unha mostra deste traballo

POR IVÁN , ROMÁN, SAMUEL, MAURO E ALEJO

jueves, 12 de abril de 2018

Podamos, transplantamos e coidamos as plantas.

Ficus transplantado despois do anegado e poda


Pólas enraizadas despois do anegado









Os compañeiros de quinto e sexto asumen a responsabilidade de manter as plantas neste último trimestre.
Así remata o noso labor de poda, anegado e transplantado que realizamos dende o inicio de curso o alumnado de terceiro e cuarto.
A seguir traballando!
Instrucións para transplantar

AS NOSAS TRADICIÓNS


Na clase de valores de cuarto de primaria achegámonos  a tradicións moi respectadas en Cela:

Nós tamén podamos o ficus e ...
Debemos de podar as viñas cando a Lúa mingua ou faise máis pequena; pero a partir de San Vicente, o 22 de xaneiro, xa podemos podar seguido porque o tempo escasea. Di o refrán “A partir de San Vicente, non hai minguante nin crecente”
... transplantamos aos tarros.

Outro refrán lémbranos que “O marzo chegar podemos enxertar”. Como “en abril, augas mil”, chove moito e hai menos frío os gomos das viñas medran.
Con estes refráns que forman parte da tradición oral realizamos un guión para a radio.
Que o pasedes ben escoitando!