Translate

Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de abril de 2018

VISITA A SANTIAGO

O martes, 17 de abril o alumnado de terceiro a sexto de primaria ralizaron unha visita ao Museo do Pobo Galego dentro do proxecto "Desenterrando os nosos tesouros".
Os alumnos realizaron un obradoiro onde a partir das materias primas como a madeira, barro, pedra, fíos -la, liño, cáñamo, ...- coñeceron distintos oficios: carpinteiros, telleiros,  canteiros, 
palilleiros, tecelás, redeiros, ...
 






De visita polas distintas instalacións observamos as súas ferramentas e algunhas particularidades dos traballos como as marcas dos canteiros, maneiras de falar que tiñan algúns oficios para que non os entendesen como os canteiros, telleiros e albaneis.

Unha viaxe estupenda!!

domingo, 8 de octubre de 2017

DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS

Comezamos a desenvolver o noso proxecto partindo da fase de motivación:

Recollendo información no museo Liste en Vigo
  • Visita ao museo etnográfico Liste en Vigo
  • Encontro no centro educativo con Arturo Sánchez Cidrás
  • Recollida de información sobre un feito social moi relevante en Cela: a vendima



Recipientes de líquidos
Arturo S.  Cidrás no CEIP da Torre
O alumnado de 3º e 4º de primaria recibe as explicacións do investigador Arturo Sánchez Cidrás sobre o patrimonio etnográfico nos apartados de cultura inmaterial e oficios.
As leiteiras, zapateiros, regateiras, carpinteiros, mandadeiras, cesteiros, costureiras, ... apareceron ante os ollos dos máis novos  lembrando uns labores que desempeñaron os avós e na actualiade están esquecidos ou transformados dun xeito relevante. 



A leiteira (M. Liste)
No seu caderno de campo o alumnado de cuarto pintaba ideas sobre algunhas lendas, mitos, contos populares; xunto con outras manifestacións da tradición oral que xa chamaran ao seu maxín a partir da visita ao museo Liste en Vigo.

A Cova da Londra, a Pedra Fendida, a fonte nas ruínas de San Lourenzo, ... mesturaban ideas máxicas e os seus sentidos buscaban un dragón que fendera a rocha, unha lontra que temían os mariñeiros, as mouras xurdidas das augas, ...



No museo Liste escoitando os instrumentos tradicionais da música popular. No CEIP da Torre construímos o carrizo co material facilitado: unha cáscara de noz, un fío e un pau plano.



Moitas grazas a Arturo -investigador-,  Erika e Vitoria -antropólogas do museo Liste-  polo seu esforzo divulgador e mostrarnos os recursos recompilados con tanto interese.