Translate

miércoles, 9 de mayo de 2018

Desenterrando os nosos tesouros: comeza cuarto

Os de cuarto buscamos con ansia esa peza de tesouro nos corredores da planta baixa, a carón da biblioteca, seguimos as pegadas da información que pesquisa tras pesquisa nos ía chegando.
Afondamos nos murais ata chegar a Torriño: alí estaba, no seu interior, pareceunos un ollo e como tal pasou á parte alta do mural no que esperamos que o crebacabezas se compoña.
Nós fixemos o noso, outros terán que ir compoñendo ese todo relacionado con María Victoria Moreno.
Xa mostraremos a imaxe definitiva cando se remate.
Sorte a todos! Un bico grande por cada pista localizada!
O capacho do noso mural levounos a resolver unha pista

As lendas recollidas forman parte do patrimonio inmaterial


VISITA AO CENTRO DE DÍA CONTIGO

Realizamos unha xornada de convivencia para afondar nos oficios que tiveran cando estaban activos laboralmente; pero non poidemos esquecer as nosas pesquisas sobre o patrimonio inmaterial.
Conversa sobre os oficios e as ferramentas que usaban
Os alumnos de terceiro preguntando sobre os seus antigos oficios, as ferramentas utilizadas, as diferenzas co mesmo traballo na actualidade, a idade de cando comezaron a traballar,...
Os de cuarto recolleron algúns refráns, ditos, recordaron algunha canción de berce e interpretaron conxuntamente as cantigas populares onde destacaron "A rianxeira" e "Catro vellos mariñeiros", que non foron as únicas. Remataron cunha chocolatada e bizcoito tradicional.
Unha alumna de cuarto comezaba así o seu traballo de composición escrita sobre a visita "Cantamos, bailamos, rimos, fixémoslles preguntas, ... Pasámolo xenial!

Bizcoito e chocolate: Gracias!
Dar as grazas a todos os que se esforzaron en preparar o encontro con rigor e profesionalidade para optimizar os resultados: Noraboa!

As mulleres ían menos a escola para axudar na casa e no campo

Compartindo no encontro patrimonio inmaterial: as cantigas tradicionais


A imaxe final conxunta  antes de volver ás aulas: un bico e moitas gracias.

martes, 1 de mayo de 2018

VISITA DE GARCÍA TEIJEIRO


O luns 30 de abril visitounos Antonio García Teijeiro, coautor do libro que lemos na clase “Lendo lendas, digo versos” xunto con Antonio Reigosa e ilustrado por Xosé Cobas.

O poeta lendo versos
Despois de compartir con el as súas reflexións e os seus versos realizámoslle unha entrevista.


África, Ángel, Irena e Nuria foron os responsables de trasladarlle as preguntas dos alumnos de cuarto.

Moitas gracias, Antonio.
No encontro con García Teijeiro observamos ao fondo o noso mural

RECOMENDACIÓNS PARA OUTROS LECTORES

Nós tamén recomendamos libros. Pensamos naquelas obras que nos resultaran máis atractivas e, se fose posible, relacionadas coa nosa investigación deste ano vinculada coas tradicións e a cultura popular "Desenterrando os nosos tesouros".
Unha imaxe de alumnos de cuarto aconsellando lecturas



 Anímate a ler algún dos libros suxeridos!

INTERCAMBIO LECTOR

Terceiro e cuarto compartimos os nosos libros para fomentar a lectura. Temos 15 días para lelos e devolvelos.
No mes de abril realizamos ademais "Hoxe no patio libro" e "Apadriñamento lector".
Boas e estupendas lecturas!!

Botámoslle unha ollada a todos os libros dispoñibles


Dentro de 15 días temos que devolvelos ou avisar que algo nos falta por ler