Translate

Mostrando entradas con la etiqueta Descubrindo os nosos tesouros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Descubrindo os nosos tesouros. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de junio de 2018

SAÍDA A ONS


Deixamos o cole pola popa

O martes, 12 de xuño, viaxamos á illa de Ons deixando as nosas rutinas. Pasar un día de traballo diferente, compartir xogos, aprendizaxes e palabras dirixidos polas monitoras acompañantes era o noso obxectivo.

Xornada de convivencia

Realizamos unha travesía dende Bueu ata o peirao de Portonovo, continuamos posteriormente a viaxe a Ons, o destino.
Fixemos na illa un roteiro ata o faro parando nos distintos puntos de información, acompañados das guías, para observar a fauna e a flora: xestas de Ons, lagartos arnaus, gaivotas patiamarelas,... centraron a nosa atención.

Viaxando no barco

 No faro observamos algúns modelos de lentes e faláronos do alcance da luz: case 50km.
Pola tarde realizamos xogos cooperativos. 

Case nos esquecemos das lendas que falaban do destrozo dun mosteiro pola Sta. Compaña, do enterro dos monxes nas rochas, do buraco do inferno, ...

Un día estupendo!

Un recordo da viaxe


Xornada de convivencia



Mosaico de imaxes

Repoñendo forzas

Comentamos a viaxe

 







Quen son estes simpáticcos? 







Ah!, son os de cuarto. Que boíños e sorrintes. Serán sempre así?


domingo, 3 de junio de 2018

PRESENTACIÓN DO PATRIMONIO INMATERIAL RECOLLIDO POR CUARTO

Chegamos ao remate das nosas investigacións sobre o patrimonio inmaterial de Cela e a contorna: lendas, refráns, ditos, cancións de berce foron algúns dos exemplos recollidos.

Trasladamos unha parte das nosas pesquisas ao alumnado de infantil, a continuación ao primeiro ciclo e finalmente aos compañeiros de terceiro, quinto e sexto.

Salientamos que unha parte da exposición foi o resultado do traballo colaborativo con sexto pola relación entre alumnos titores- titorizados: nós contamos as lendas relacionadas con monumentos, ou algúns ditos e refráns relacionados co viño e eles explicaban os datos históricos ou no caso da vendima os datos da elaboración do viño.

Presentando o proxecto Patrimonio inmaterial ao alumnado de  infantil

miércoles, 9 de mayo de 2018

Desenterrando os nosos tesouros: comeza cuarto

Os de cuarto buscamos con ansia esa peza de tesouro nos corredores da planta baixa, a carón da biblioteca, seguimos as pegadas da información que pesquisa tras pesquisa nos ía chegando.
Afondamos nos murais ata chegar a Torriño: alí estaba, no seu interior, pareceunos un ollo e como tal pasou á parte alta do mural no que esperamos que o crebacabezas se compoña.
Nós fixemos o noso, outros terán que ir compoñendo ese todo relacionado con María Victoria Moreno.
Xa mostraremos a imaxe definitiva cando se remate.
Sorte a todos! Un bico grande por cada pista localizada!
O capacho do noso mural levounos a resolver unha pista

As lendas recollidas forman parte do patrimonio inmaterial


VISITA AO CENTRO DE DÍA CONTIGO

Realizamos unha xornada de convivencia para afondar nos oficios que tiveran cando estaban activos laboralmente; pero non poidemos esquecer as nosas pesquisas sobre o patrimonio inmaterial.
Conversa sobre os oficios e as ferramentas que usaban
Os alumnos de terceiro preguntando sobre os seus antigos oficios, as ferramentas utilizadas, as diferenzas co mesmo traballo na actualidade, a idade de cando comezaron a traballar,...
Os de cuarto recolleron algúns refráns, ditos, recordaron algunha canción de berce e interpretaron conxuntamente as cantigas populares onde destacaron "A rianxeira" e "Catro vellos mariñeiros", que non foron as únicas. Remataron cunha chocolatada e bizcoito tradicional.
Unha alumna de cuarto comezaba así o seu traballo de composición escrita sobre a visita "Cantamos, bailamos, rimos, fixémoslles preguntas, ... Pasámolo xenial!

Bizcoito e chocolate: Gracias!
Dar as grazas a todos os que se esforzaron en preparar o encontro con rigor e profesionalidade para optimizar os resultados: Noraboa!

As mulleres ían menos a escola para axudar na casa e no campo

Compartindo no encontro patrimonio inmaterial: as cantigas tradicionais


A imaxe final conxunta  antes de volver ás aulas: un bico e moitas gracias.

martes, 1 de mayo de 2018

VISITA DE GARCÍA TEIJEIRO


O luns 30 de abril visitounos Antonio García Teijeiro, coautor do libro que lemos na clase “Lendo lendas, digo versos” xunto con Antonio Reigosa e ilustrado por Xosé Cobas.

O poeta lendo versos
Despois de compartir con el as súas reflexións e os seus versos realizámoslle unha entrevista.


África, Ángel, Irena e Nuria foron os responsables de trasladarlle as preguntas dos alumnos de cuarto.

Moitas gracias, Antonio.
No encontro con García Teijeiro observamos ao fondo o noso mural

RECOMENDACIÓNS PARA OUTROS LECTORES

Nós tamén recomendamos libros. Pensamos naquelas obras que nos resultaran máis atractivas e, se fose posible, relacionadas coa nosa investigación deste ano vinculada coas tradicións e a cultura popular "Desenterrando os nosos tesouros".
Unha imaxe de alumnos de cuarto aconsellando lecturas



 Anímate a ler algún dos libros suxeridos!

viernes, 20 de abril de 2018

OBRADOIRO DE ALFOMBRISTAS E VISITA DE PEPE CARREIRO

O 20 de abril recibimos a visita do autor dos Bolechas, Pepe Carreiro. O ilustrador colabora coa Asociación de Alfombras de Bueu para divulgar a cultura que se entretece arredor das rúas decoradas con distintos motivos na celebración do tradicional Corpus.
Moitas gracias a todos!!
A continuación podedes ver algunhas imaxes do obradoiro









VISITA A SANTIAGO

O martes, 17 de abril o alumnado de terceiro a sexto de primaria ralizaron unha visita ao Museo do Pobo Galego dentro do proxecto "Desenterrando os nosos tesouros".
Os alumnos realizaron un obradoiro onde a partir das materias primas como a madeira, barro, pedra, fíos -la, liño, cáñamo, ...- coñeceron distintos oficios: carpinteiros, telleiros,  canteiros, 
palilleiros, tecelás, redeiros, ...
 






De visita polas distintas instalacións observamos as súas ferramentas e algunhas particularidades dos traballos como as marcas dos canteiros, maneiras de falar que tiñan algúns oficios para que non os entendesen como os canteiros, telleiros e albaneis.

Unha viaxe estupenda!!

jueves, 12 de abril de 2018

AS NOSAS TRADICIÓNS


Na clase de valores de cuarto de primaria achegámonos  a tradicións moi respectadas en Cela:

Nós tamén podamos o ficus e ...
Debemos de podar as viñas cando a Lúa mingua ou faise máis pequena; pero a partir de San Vicente, o 22 de xaneiro, xa podemos podar seguido porque o tempo escasea. Di o refrán “A partir de San Vicente, non hai minguante nin crecente”
... transplantamos aos tarros.

Outro refrán lémbranos que “O marzo chegar podemos enxertar”. Como “en abril, augas mil”, chove moito e hai menos frío os gomos das viñas medran.
Con estes refráns que forman parte da tradición oral realizamos un guión para a radio.
Que o pasedes ben escoitando!


jueves, 22 de marzo de 2018

SEMANA DA POESÍA


Hoxe xoves 22 de marzo continuamos cos encontros arredor da poesía.
Xuntáronse cuarto e sexto que manteñen unha relación de grupo por as actividades realizadas dentro das titorías entre iguais.
Os de sexto declamaron poemas despois de introducir as nocións básicas dun poema.
Os de cuarto lembraron versos escritos por García Teijeiro da obra “Lendo lendas, digo versos” que nos visitará nun futuro próximo.
Estupendo encontro!



sábado, 17 de marzo de 2018

O HOME DO SACO, A POZA DA MOURA e A CAPELA DE SAN LOURENZO


Eva, Nuria e Sonia recolleron estas tres fermosas lendas tradicionais que habitan no noso patrimonio inmaterial. Dúas son de Cela e a terceira do veciño municipio de Moaña.
A ver se es quen de colocalas en Cela e Domaio.
Un traballo estupendo!!
Que non te despiste que podes saír de Beluso e chegar aos montes de Cela andando, que non é tanto camiño. 






LENDAS URBANAS


África e Irena recolleron narracións de mitos que non son tan tradicionais; pero están estupendas cando as escoitamos ou as lemos. Algúns introduciríanas nas lendas urbanas. Seguro que nos sorprenderán con máis como a que falaba das visións dunha nena que tamén elas nos contaron.
As rotondas, os pozos, as curvas, ... tamén teñen a súa lenda.
Muitas gracias!!



miércoles, 14 de marzo de 2018

A LENDA da PEDRA FENDIDA e a de A COVA DE PORTOMAIOR


Con este traballo tratamos de facer multidisciplinar a nosa investigación arredor das lendas:
➮Recollelas das nosas familias ou veciños
➮-Escribir os textos na clase de informática
➮-Gravar en Radio Faladoiro
➮-Editalo no blog de terceiro e cuarto
Que o pasedes ben lendo ou escoitando!




domingo, 11 de febrero de 2018

ENTROIDO: OS HOMES DO SACO

As nosas pesquisas móvense arredor do patrimonio inmaterial. Eva, xa hai meses, recolleu unha lenda do mito de O Home do Saco. 
Saco, estrofas e disfraz
O home do saco

Sobre a súa figura fixemos deseños de disfraces e compuxemos estrofas ao ritmo de pandeirada.
Venres 9, un día máxico e de ilusión, levounos ao centro da vila para mostrar o noso traballo.

Aquí vén o Home do Saco
cunha bolsa aínda baleira.
 Como non lle escapes neno,
vaite meter na arpilleira.