Translate

sábado, 7 de diciembre de 2019

O CAMBIO CLIMÁTICO

 O 9 de decembro recollemos 11kg de plástico en Agrelo

Escoitar e traballar pola Terra
Cando ao inicio deste primeiro trimestre reflexionabamos sobre o cambio que se está a producir no clima do planeta Terra, manifestabamos a nosa preocupación pero tamén esperanza: estaba negro; pero aínda tiña solución.
Propuxémonos evitar o uso abusivo dos plásticos, empregar o coche para desprazarnos cando non podemos ir andando, tirar o lixo  separando os orgánicos dos envases e vidro, apagar as lámpadas e proxectores antes de saírmos ao patio,...

Coñecer os elementos do clima, as causas que poden alteralos, a súa influencia nas nosas paisaxes, van enchernos de razóns para conseguir un mundo máis sostible e convencer aos compañeiros que todos podemos sumar para mellorar. Agora toca estudar para saber!

A ATMOSFERA

A ATMOSFERA E O CLIMA

A ATMOSFERA: O CLIMA

HEMEROTECA PRENSA ESCOLA LA VOZ


Pancartas en defensa de soster o clima no planeta Terra e non cambialo drasticamente
Entramos tamén na AEMET para averiguar o tempo

No contexto humanístico, a finais de decembro e no xaneiro, investigamos os distintos elementos que compoñen o tempo (temperatura, presión atmosférica, o vento, as precipitacións, a humidade,...). Tamén algúns factores que inflúen moito nun clima: a latitude, a proximidade do mar, a altitude e o relevo. 

Elaboramos tamén o climograma de Bueu do ano 2019 obtendo os datos da estación de Cabo Udra de Meteogalicia. 
Na clase tivemos unha estación dixital que recollía algúns datos