Translate

miércoles, 29 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO

O pasado día 24 de novembro xuntámonos cos demais centros de ensino do municipio, algúns enviaron so os alumnos premiados, e cantamos a composición musical realizada ao efecto e lemos un manifesto en contra da violencia e os malos tratos contra as mulleres.

Os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto sobre o escenario


lunes, 20 de noviembre de 2017

TRASPLANTAMOS UN GARAVANZO E O FICUS

Asier e Ángel trasplantando o ficus
Como remate á unidade de ciencias naturais sobre o mundo vexetal que estivemos estudando realizamos a plantación dun garavanzo que xa tiñamos xermolado, exemplo da reprodución por sementes.
Máis dedicación precisou replantar o ficus que tiñamos anegado nunha póla dende cursos anteriores. A xardineira está no corredor da planta alta.
Co chlorophytum comosum chamado por algúns cinta de cabaleiro recuperamos as xardineiras do descanso das escaleiras.
O traballo realizámolo en colaboración cun grupo de alumnos de infantil de cinco anos.


Nadia prepara o testo para introducir a planta 
Izan regando o chlorophytum





ENCONTRO COS ALUMNOS TITORES DE SEXTO

Titor lendo a titorizados

O alumnado de cuarto realizou un encontro cos seus titores de sexto. A actividade encadrouse dentro das propostas da biblioteca escolar de apadriñamento lector e a titoría entre iguais.
O obxectivo era dobre: continuar a relación iniciada o pasado curso e trazar camiños que nos permitan o fomento da lectura.

Aproveitamos as temperaturas agradables deste seco outono para 

realizar o a experiencia no patio escolar.


Cuarto preparando as súas lecturas



sábado, 11 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Interpretando a letra

Preparando as actividades para manifestar o noso rexeitamento a calquera maneira de exercer a violencia contra as mulleres.Os de sexto, nosos compañeiros titores, traballaron e interpretaron unha letra á que puxo melodía o mestre de música.Tendo a letra como base debuxamos co fin de dixitalizar e proxectar as imaxes no acto que celebraremos o vindeiro 24 de novembro.

Debuxando e coloreando as imaxes con lema

RECIPIENTES PARA CASTAÑAS MODELO DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS

  
Castañas e refráns
Conmemoramos o magosto o pasado venres dez de novembro.

Cos cartóns do leite, decorados con motivos sobre o patrimonio inmaterial, servímonos castañas e botamos as carepas despois de comelas. 
Aproveitamos a celebración para confraternizar entre todos; pero nós os de cuarto achegámonos máis aos nosos compañeiros titores de sexto.

Se queres ver máis imaxes do magosto clica aquí.



Sexto e cuarto atopámonos na clase
Servimos as castañas aos demais


Recuperando forzas despois do labor. Aínda faltaban os xogos tradicionais

LIBRO FORUM DE CUARTO

Na clase, dentro do patrimonio inmaterial, lembramos o conto do raposo que sacaba as pulgas facendo unha bóla de pelo, desprendéndose dela e abandonándoa polo río abaixo.
"El superzorro" de Roald Dahl, publicado por Santillana, serviunos para comparar coa narrativa de autor fronte ao conto tradicional.
 Encantounos a todos! Foi quen de alimentarse ben a pesares dos granxeiros testáns que o chegaron a deixar sen rabo.

Na biblioteca escolar celebramos o noso encontro e posta en común.


Durante o encontro na bibloteca escolar na hora semanal

miércoles, 1 de noviembre de 2017

A TRADICIÓN DO VIÑO

Nos primeiros días de novembro, indica a tradición en Cela, que se abillan os viños e os nosos familiares, nós non que aínda non chegamos á idade, beben unha fechiña de viño novo.
Iso si, sempre con moderación!!


Nós investigamos dende a vendima  ata embotellar o viño e colgamos os murais no corredor.
Realizamos fotos na viña, escribimos textos, corriximos e dixitalizamos

REMATAMOS CO SAMAÍN

Luís e María no obradoiro de lendas 
O pasado martes 31 de outubro, a partir das doce e media, o alumnado de terceiro e cuarto tivemos obradoiros: narración de lendas terroríficas, truco ou trato, apócemas, maquillaxe e cociña.
As nais e pais no obradoiro de cociña
Alumnos de 3º cos seus disfraces




                                       






Graciñas a todos polo voso esforzo.