Translate

domingo, 25 de febrero de 2018

A AVISPA ASIÁTICA

Na biblioteca escolar recibimos información por parte da mestra Raquel sobre a velutina. En terceiro e cuarto, seguindo as instrucións escoitadas, confeccionamos trampas caseiras coa misión de impedir que este insecto rompa o equilibrio ecolóxico do noso ecosistema.
Cada un de cuarto levou unha trampa a casa e quedou a de Ángel para colocar no colexio. Puxémola nun camelio que está florecendo.

A ver se podemos controlar esta especie invasiva; pero cremos que vai ser difícil. Aquí está o noso intento.



#AbrideAFiestra

Como tódolos anos a  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega proponnos conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o vindeiro 24 de febreiro. E nós, non queremos deixar pasar esta oportunidade de achegarnos un pouco máis a nosa Rosalía de Castro. Por iso, durante toda esta semana estamos a traballar nas aulas a figura literaria da Autora, escoitamos as súas obras musicadas por diferentes autores e durante a hora de leer estos días contamos cunhas mochilas viaxeiras especiais: agochan no seu interior obras de Rosalía!!!! 






Ademais o alumnado en colaboración coas familias está preparando uns carteis coa imaxe de Rosalía acompañada duns versos da súa obra escollidos polos nenos/as. O día 24 de febreiro  colocaremos nas nosas fiestras estes carteis para mostrar ao mundo a nosa Rosalía. Estes carteis irán acompañados das fotos aportadas polas familias onde aparezan os nenos/as acompañados ou non das súas familias preferentemente persoas maiores. 

Agardamos con impaciencia eses traballos!! 

E de antemán grazas familias pola vosa valiosa colaboración. 



ROSALÍA DE CASTRO

Recollemos poemas de Rosalía coa familia e realizamos unha fotografía que mandamos ao correo da escola. Ilustramos cartullinas coa imaxe da poeta e as estrofas recollidas. Na biblioteca e na clase completamos os nosos traballos con lecturas e remate das presentacións,
O venres saímos ao patio para lembrar versos e a figura de Rosalía, baixo as ventás decoradas cos distintos traballos.
Christian destacou por lembrar un bo número de estrofas de Adiós ríos, adiós fontes

miércoles, 21 de febrero de 2018

ROSALÍA DE CASTRO

Realizamos lecturas sobre a obra de Rosalía de Castro. En colaboración coas familias escollemos poemas que nos permitiron realizar unha composición ilustrada que, posteriormente, colocaremos no mural de dinamización da lingua galega.

CARTA A PERSOAS QUE GARDAMOS AFECTO

O alumnado de terceiro e cuarto traballaron esta semana sobre as emocións. Redactamos unha carta que diriximos a persoas que provocan en nós actitudes positivas e vínculos de afecto.
A actividade estivo realizada en colaboración coa biblioteca escolar e dinamización da lingua galega.



domingo, 11 de febrero de 2018

ENTROIDO: OS HOMES DO SACO

As nosas pesquisas móvense arredor do patrimonio inmaterial. Eva, xa hai meses, recolleu unha lenda do mito de O Home do Saco. 
Saco, estrofas e disfraz
O home do saco

Sobre a súa figura fixemos deseños de disfraces e compuxemos estrofas ao ritmo de pandeirada.
Venres 9, un día máxico e de ilusión, levounos ao centro da vila para mostrar o noso traballo.

Aquí vén o Home do Saco
cunha bolsa aínda baleira.
 Como non lle escapes neno,
vaite meter na arpilleira.






viernes, 9 de febrero de 2018

COIDAMOS AS NOSAS PLANTAS DE INTERIOR

Antes de aterralo
Primeiro rego na xardineira
Hai uns cursos atrás aprendemos a reproducir unha planta por anegado aéreo. A un ficus puxémoslle terra húmida nunha pola que foi enraízando pouco a pouco.

 Este curso plantámolo nunha xardineira do piso superior. Está forte e medra cos nutrientes que lle botamos e a auga con que o regamos.


Non nos esquecemos das demáis plantas que regamos cada quince días




TRABALLANDO POLA PAZ

O alumnado de cuarto e sexto xuntámonos nunha actividade onde compartimos esforzo e cordialidade para traballar pola paz. Pretendiamos afondar na nosa relación para establecermos vínculos que nos axuden a expulsar o acoso escolar da nosa escola.


Na biblioteca realizando traballo colaborativo


O FESTIVAL DE NADAL

Preparamos dúas panxoliñas: unha en lingua galega -Señora ama da casa- e outra en lingua inglesa. No festival cantamos a panxoliña en inglés.


A continuación xuntámonos para a comedela. Puxemos a barriga como un pandeiro!

INVESTIGANDO OS NOSOS TESOUROS NA CIENCIA

Na exposición da biblioteca escolar acercámonos á evolución de distintos aparellos utilizados nas casas. Cando as avoas nos falan dos mitos que aparecían nas sombras da débil luz do candil entendemos as lendas que nos falan do Home do saco ou das ánimas da Compaña. Hoxe as lámpadas led difuminan as sombras; pero aparecen as novas lendas urbanas. Din que corren novos tempos.
Sexa como sexa traballamos duro nas preguntas que nos fixeron.





TARXETAS DE NADAL

Alá van nos coches e motos dos carteiros as nosas tarxetas de felicitación de Nadal. O destino os  nosos compañeiros titores que nos axudan a resolver os pequenos conflitos.

Graciñas a todos!