Translate

Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de noviembre de 2019

O TEMPO PASA

A miña avoa cantaba a letra dun tango, xa sabedes esa música que chegara da Arxentina e bailaban agarradas cos avós, "El tiempo pasa nos vamos poniendo viejos..." buscade en youtube. Ese día debía estar mui cabreada porque cantaba alto. A min quedoume gravada aquela expresión.


Agora venme a cabeza porque estamos no mes de San Martiño e vimos de celebrar o Samagosto; pero levamos feito tantas cousas que ata parece que dei un estirón e o pantalón me queda curto:

Apadriñamentos lectores, maletas de cómics, a experiencia dos contextos, celebramos a semana polo clima, unha saída de varios días para aprender inglés, T+t para axudar aos compañeiros, comemos castañas, fixemos xogos populares, bebemos da pócema máxica, ... 


Recollendo os diplomas onde nos nomean titores dos compañeiros máis novos

Realmente medramos en experiencias!


martes, 6 de noviembre de 2018

SAMAGOSTO

Fomos quen de crear unha palabra nova: SAMAGOSTO; pero non fomos orixinais, outros celebraron tamén o magosto e o samaín xuntos.

Imos explicarnos axiña: se hai que pasar medo despois non queda outra que encher o bandullo, sempre dixemos en Cela que as penas con pan, son menos penas.

Estamos escribindo do mércores 31 de outubro, alá apareceron a primeiras horas, colexialas coa cara chea de pingas de sangue, diaños con tridente, zombis e máis zombis,...

E así con esa pintiña fomos ao "Truco ou trato", oímos as palabras que botan fóra o meigallo, bebemos beberaxe máxico e escoitamos con paixón os contos de medo. Era samaín.


 Con tanto medo, a fame facía estragos. En canto poidemos engulimos castañas e máis castañas, xunto con bocatas de chouriso, lambetadas que saíron dun trato e auga para refrescar; algúns botaron en falta a colaloca porque a beberaxe tomámola en frascos pequenos e doce coma o zume, claro, así non apaghou a sede.
 Todo rematou con xogos que nos trouxeron Manolo Otero e os seus compañeiros.
Gracias a todos.


Ah, polo lei de protección de datos non temos detalles nin primeiros planos; pero dicir que algúns aproveitaron para ver con ollos doces as súas parellas, non sabemos se se colleron da man na escuridade dos contos. É estupendo que a xente se queira.
Bicos a todos



sábado, 11 de noviembre de 2017

RECIPIENTES PARA CASTAÑAS MODELO DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS

  
Castañas e refráns
Conmemoramos o magosto o pasado venres dez de novembro.

Cos cartóns do leite, decorados con motivos sobre o patrimonio inmaterial, servímonos castañas e botamos as carepas despois de comelas. 
Aproveitamos a celebración para confraternizar entre todos; pero nós os de cuarto achegámonos máis aos nosos compañeiros titores de sexto.

Se queres ver máis imaxes do magosto clica aquí.



Sexto e cuarto atopámonos na clase
Servimos as castañas aos demais


Recuperando forzas despois do labor. Aínda faltaban os xogos tradicionais