Translate

jueves, 9 de mayo de 2019

INVESTIGACIÓN SOBRE AS ÁRBORES AUTÓCTONAS DOS BOSQUES GALEGOS

Os alumn@s de 3º e 4º de E. Primaria levaron a cabo unha investigación sobre as árbores que poblan os nosos bosques. Cada nen@ informouse, a través de distintos medios, dunha especie autóctona como: a sobreira, o carballo, o castiñeiro, o ameneiro, o bidueiro, o salgueiro, a aciñeira, o piñeiro, a abeleira, o loureiro, o freixo ou a nogueira; ou investigou sobre unha especie invasora como a acacia ou o eucalipto.
Ademáis de coñecer outros nomes para cada ábore tamén recolleron información sobre o tipo de folla, as súas flores, os froitos, os anos que poden vivir... Aprenderon os distintos usos de cada árbore: construción, fabricación de mobles, combustible, ornamental...ou que da cortiza do salgueiro obtense a salicina coa que se fai un fármaco moi coñecido como é a aspirina.
Coñeceron exemplares importantes como o carballo de Santa Margarida na parroquia de Mourente que o ser vivo de maior idade da provincia de Pontevedra, cuns 500 anos de antiguedade.
Ademáis en cada unha das árbores ou ao seu alrededor viven moitisimos seres vivos: paxaros, insectos, distintos mamíferos, fungos, liques...e outras aliméntanse das súas follas e froitos.
Para observar toda esta vida os nen@s, acompañados dos seus pais, achegáronse ao Monte Chans da parroquia de Cela, onde viven, e incluso lle quitaron fotos a algúns exemplares.
Aprendemos un montón e disfrutamos de tanta beleza. 
VIVAN AS ÁRBORES!!





Excursión á Lagoa de Castiñeiras.


OS ALUMNOS DO COLEXIO CEIP TORRE CELA VAN DE EXCURSIÓN Á LAGOA DE CASTIÑEIRAS

OS GUÍAS EXPLICÁRONLLE AOS NENOS A PARTIR DE 3º DE PRIMARIA HISTORIAS E CURIOSIDADES SOBRE A LAGOA.

Os alumnos e alumnas do centro saíron deste as 10:00 no autobús con destino á lagoa. Ao chegar atopáronse aos dous guías; como eran moitos , os nenos separáronse en dous grupos, cada un cun guía.
Os guías contáronlle aos nenos que a lagoa era artificial, e que nela comezou a reforestación galega, ao comezo do século XX.
A medida que a ruta avanzaba os guías explicábanlles (aos dous grupos por separado) distintas curiosidades como que os cipreses dos pantanos (unha árbore da lagoa) levantan o chan que se atopa baixo eles.
Pero na lagoa non soamente hai especies autóctonas, tamén hai especies invasoras, como é a acacia negra, que ao non ter inimigos esténdese moi rapidamente.
Pero na lagoa non soamente hai plantas e árbores, senón tamén elementos prehistóricos, como a mámoa do rei, unha gran mámoa que se pensa, foi a tumba dunha familia moi importante.
As 12:30 aproximadamente, os nenos comezaron a merendar, e ás 13:10 xa estaban no autobús de camiño ao colexio, para facer a última hora de clase.

Noticia elaborada por Antón, Carla e Marta


miércoles, 8 de mayo de 2019

VISITA A LAGOA DE CASTIÑEIRAS

Os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P., xunto cos seus titores, pasaron unha agradable mañá na Lagoa de Castiñeiras.




Acompañados por dous guías fixeron un percorrido pola zona:
- Explicáronlles como se fixo esta lagoa artificial.
- Observaron as distintas árbores e as súas características: ameneiros, bidueiros, castiñeiros, aveleiras, acivros...
- Coñeceron como é o peculiar crecemento das raíces duns exemplares de ciprés dos pantanos que alí hai.
- E mesmo lograron facer  xabón coas follas da acacia.





Ademáis viron a Aula da Natureza de Cotorredondo que se encarga da recuperación de fauna da provincia de Pontevedra.
Despois de camiñar un bo tramo puidemos observar unhas mámoas, entre as que destaca a Mámoa do Rei.







 Para rematar sentámonos a merendar desfrutando da fermosa paisaxe.