PRESENTACIÓN DO PATRIMONIO INMATERIAL RECOLLIDO POR CUARTO
Chegamos
ao remate das nosas investigacións sobre o patrimonio inmaterial de
Cela e a contorna: lendas, refráns, ditos, cancións de berce foron
algúns dos exemplos recollidos.
Trasladamos
unha parte das nosas pesquisas ao alumnado de infantil, a continuación
ao primeiro ciclo e finalmente aos compañeiros de terceiro, quinto e
sexto.
Salientamos
que unha parte da exposición foi o resultado do traballo colaborativo
con sexto pola relación entre alumnos titores- titorizados: nós contamos
as lendas relacionadas con monumentos, ou algúns ditos e refráns
relacionados co viño e eles explicaban os datos históricos ou no caso da
vendima os datos da elaboración do viño.
Presentando o proxecto Patrimonio inmaterial ao alumnado de infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario