Recollendo información no museo Liste en Vigo |
- Visita ao museo etnográfico Liste en Vigo
- Encontro no centro educativo con Arturo Sánchez Cidrás
- Recollida de información sobre un feito social moi relevante en Cela: a vendima
Recipientes de líquidos |
Arturo S. Cidrás no CEIP da Torre |
As leiteiras, zapateiros, regateiras, carpinteiros, mandadeiras, cesteiros, costureiras, ... apareceron ante os ollos dos máis novos lembrando uns labores que desempeñaron os avós e na actualiade están esquecidos ou transformados dun xeito relevante.
A leiteira (M. Liste) |
A Cova da Londra, a Pedra Fendida, a fonte nas ruínas de San Lourenzo, ... mesturaban ideas máxicas e os seus sentidos buscaban un dragón que fendera a rocha, unha lontra que temían os mariñeiros, as mouras xurdidas das augas, ...
No museo Liste escoitando os instrumentos tradicionais da música popular. No CEIP da Torre construímos o carrizo co material facilitado: unha cáscara de noz, un fío e un pau plano. |
Moitas grazas a Arturo -investigador-, Erika e Vitoria -antropólogas do museo Liste- polo seu esforzo divulgador e mostrarnos os recursos recompilados con tanto interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario