Continuamos DESENTERRANDO OS
NOSOS TESOUROS e amosamos no mural de dinamización da lingua galega as nosas pesquisas sobre as lendas como exemplo de patrimonio inmaterial.
O Home do Saco, A Cova de Picó, A Poza da Moura, A Pedra Fendida, O Buraco da Lontra, A Santa Compaña son distintos títulos que se recolleron. Ás veces as versións non coinciden porque sobre o mesmo mito as persoas foran cambiando ou engadindo detalles.
Eva ademais de recoller a lenda do Home do Saco realizou esta transformación da súa cabaza ao coincidir co Samaín. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario