Translate

viernes, 12 de abril de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS PARA 4º E 5º DE E.P.

Esta semana os alumn@s de 4º e 5º de E.P. recibiron unha FORMACIÓN DE USUARIOS DA RADIO por parte de Javier Prado. Nesta formación traballouse primeiramente a locución, que permitíu aos nen@s darse conta de que a través da voz pódese transmitir máis información da que as propias palabras din: estado de ánimo e sentimentos da persoa que fala, a quen se está dirixindo... E a continuación traballamos baseándonos no modelo do reto. Para iso dividimos ao alumnado en grupos. Propúxolles tres retos: 

 - Un sobre a contorna para investigación documental. Consistía en promocionar o noso colexio falando das cousas boas que se poden atopar nel e na nosa contorna.

 - Outros dous para dramatización de historias. Os nen@s dramatizaron os contos "Loboferoz" e "Corre, corre cabaziña"e ademáis buscaron a música e os efectos sonoros que encaixaban coas distintas partes do conto.

 - O último reto estivo relacionado coa biblioteca.Tiñan que facer unhas recomendacións lectoras e falar das novidades que podemos atopar agora mesmo. Despois de que cada equipo tivo o guiónpreparado foron a gravar na radio .





miércoles, 20 de marzo de 2019

O MEDIO AMBIENTE NA SEMANA DA PRENSA


Os alumn@s de 4º de E. P. , ao longo desta semana da prensa,  estiveron lendo as novas dos exemplares  do  xornal Papagaio que periódicamente chega á nosa biblioteca.

Disfrutaron coa lectura de diferentes artigos feitos cunha redacción e ilustracións  moi atractivas para eles. Atoparon moitas noticias relacionadas co coidado e conservación do medio ambiente:
- A extinción das abellas provoca a desaparición dos humanos.
- Un novo intento contra o desxeo polar.
- As mulleres conquistan o espazo.
- Os homes da selva en perigo de extinción.
- Erupcións e Tsunamis na Oceanía.

E moitas máis, que lle serviron para que unha vez máis se conciencien da importancia do respecto polo noso medio e de que diso depende a nosa vida.
 Fixeron comentarios das mesmas e finalmente tiveron que redactar  a súa propia  noticia acompañándoa dunha ilustración. 





domingo, 3 de febrero de 2019

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ



O pasado 30 de xaneiro celebramos no noso centro unha xornada educativa dedicada a conmemorar a morte do líder pacifista Mahatma Gandhi e a impulsar unha cultura pacifista, tolerante e solidaria. 
Para celebrar  o Día Escolar da Non Violencia e da Paz os alumnos e alumnas de todo o centro coñeceron e traballaron durante semanas a figura de Wangari Mathaai, premio Nobel da Paz no ano 2004. Wangari sementou un pensamento ecoloxista, vinculando o crecemento da comunidade á conservación da contorna. O alumnado do centro reflexionou sobre a importancia de coidar a natureza e elaboráronse centenares de follas con mensaxes pacíficas para encher os corredores da escola. 

Resultado de imagen de wangari maathai
Os alumnos de cuarto e sexto, titores e titorizados, foron os encargados de elaborar un manifesto que reflectira as ideas traballadas durante estas semanas. 
Durante o acto do 30 de xaneiro representantes deses dos cursos leron o manifesto ao resto de compañeiros e familias da escola. 
Ao rematar a lectura do manifesto, xuntámonos para cantar e bailar a bonita canción de ‘Apertas que voan’ de Paco Nogueiras, que fala da amizade sen fronteiras e sen distinción de ningún tipo. 
Para rematar a xornada, e seguindo a tradición, compartimos todos xuntos un CHOCOLATE POLA PAZ. 

Ah! E tivemos unha sorpresa! Torriño quixo sementar tamén a Paz e agasallou ao alumnado do 
centro con libros, como non podía ser doutro xeito!

Familias, mestres, persoal do centro e alumnos e alumnas gozamos moitísimo celebrando e traballando pola Paz.

Deixámosvos o manifesto elaborado polo alumnado que recolle as ideas e reflexións de todo o alumnado. 


Manifesto pola Paz 2019

Hoxe é  30 de xaneiro, DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ , declarado por primeira vez no ano 1964. O obxectivo desta conmemoración é educar na tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a Paz.

Desde o CEIP TORRE CELA  cremos que os centros escolares debemos actuar como instrumentos de Paz. Cremos que a Paz non so é a ausencia de guerras senón a presenza de liberdade e igualdade.
Non podemos dicir que vivimos en paz se non se respectan os dereitos das persoas sen distinción en función da raza, crenzas, relixión ou nivel económico.
Non podemos dicir que vivimos en paz se non conseguimos que todos e todas as persoas teñan acceso á cultura e á educación.
Non podemos dicir que vivimos en paz se non coidamos a nosa contorna, contaminando e maltratando o medio ambiente.

Recordamos polo tanto, neste importante día, aos nosos compañeiros, ás familias, aos mestres e a todos os membros da comunidade educativa que a responsabilidade de impulsar unha cultura de paz e respecto está nas nosas mans.
Cada un dos que estamos hoxe aquí podemos, seguindo o modelo de Wangari Maathai, plantar as sementes da Paz e facelas medrar con accións concretas. Tratando aos demais como queremos que nos traten a nós; facendo felices a aqueles que nos rodean e intentando ser cada día mellores persoas.
Sementamos a Paz, loitando de xeito pacífico contra a discriminación e contra calquera tipo de violencia.
Está tamén nas nosas mans, facer un uso responsable dos recursos naturais e reducir a contaminación para frear a destrución do noso planeta.
Wangari ensinounos que o respecto polo medio ambiente e a paz van da man.
Traballaremos para mellorar e convenceremos ás persoas que nos rodean para que traballen como nós. Deste modo as nosas sementes espertarán creando un mundo máis xusto e equilibrado.

Invitámosvos hoxe a todos e todas, neste DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ , a cultivar e promover os valores de paz e solidariedade, a rexeitar calquera tipo de violencia ou discriminación, a coidar o planeta e a biodiversidade que o habita.
Xuntos lograrémolo e xuntos gritaremos o ‘slogan’ preferido de Wangari:

Harambee, todos a unha!





domingo, 18 de noviembre de 2018

EXCURSIÓN Á CORUÑA.

O pasado 14 de novembro os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto viaxaron á Coruña para gozar dunha enriquecedora xornada.
Despois dun longo traxecto, o alumnado chegou á cidade coruñesa e merendou no paseo marítimo, gozando das preciosas vistas da Torre de Hércules e a praia de Riazor.

A primeira actividade programada era unha visita ao museo de ciencia e tecnoloxía, o MUNCYT.
Nese museo foron recibidos por dous robots, PepeXan e Marilú que lles retaron a atopar a peza máis pequena do museo, dentro da sala de Maiúsculas. Nesa sala atopábanse pezas como unha pianola, un acelerador de partículas ou un dos primeiros computadores.
Sen dúbida, o momento máis emocionante chegou na visita á última planta, na que se atopaban distintas partes dun Boeing 747, concretamente do Lope de Vega, o avión que transportou o 'Guernica': un dos motores de case 4 toneladas, asentos, á e cabina. Os alumnos puideron subirse na cabina e sentirse como os pasaxeiros de fai 35 anos.

Após a visita tocou poñerse ao choio para experimentar e aprender sobre os efectos que producen os incendios. Por unha banda comprobaron a erosión que produce a desaparición da flora e por outro, comprobouse que o aumento da temperatura no solo non só provoca que se perda a auga sinó que desaparece materia orgánica.

Foi unha visita do máis interesante.

Despois de repoñer forzas e comer no propio museo, colleron de novo o autobús para dirixirse á casa dos peixes: Aquarium Finisterrae.
Sempre é interesante volver visitar a Gastón, a quenlla Toro, e ás trece simpáticas focas. Na sala Maremagnum coñeceron curiosidades sobre os mexillóns, o polbo, os ourizos... e a visita chegou ao seu fin. Sempre que visitan o acuario aprenden cousas novas relacionadas cos peixes, a vida mariña e a ecoloxía.

Tras un intenso día de emocións e aprendizaxes emprenderon de novo a volta a casa.

domingo, 11 de noviembre de 2018

MALETA INCLUSIVA

Recibimos nas clases, grazas as xestións da biblioteca escolar, unha maleta inclusiva para a Hora de Ler, onde poidemos percibir distintos recursos: libros con alfabeto braille para cegos, lingua de signos para xordos, textos sobre a discriminación racial, acoso escolar, ...
Todo o material permitiunos reflexionar sobre a inclusión das minorías: dos que teñen dificultades nos sentidos, das persoas con doenzas, dos que teñen menos diñeiro, dos inmigrantes, dos refuxiados, dos insultados e acosados nas escolas, ...
É posible un mundo máis xusto e traballar por el é a nosa obriga.

Na clase de quinto cos recursos que a maleta nos aportou


CAMBIAR O CONTO

Por que os príncipes son valentes e as princesas esperan que as rescaten? Cambiemos o conto: a valentía é de todos e todas, non está soamente nun xénero.
Xoga cos trebellos que queiras: non hai xoguetes para nenos e xoguetes para nenas. Que non nos marquen un camiño!
Ramón Torrente achegouse ao noso centro educativo, a través do Concello de Bueu, para impulsar as reflexións do alumnado sobre a igualdade de xénero e tentar rachar os estereotipos que, dende pequenos, a sociedade nos amosa na publicidade, nas opinións dalgúns maiores,...
Os oficios, as cores, as afeccións, os deportes,... non son de nenos ou nenas son para tod@s.



Quinto e sexto no encontro celebrado na biblioteca escolar
s.