Translate

lunes, 16 de marzo de 2020

Actividades e vídeos Contexto Científico: Enerxía e desenvolvemento sostible

Para revisar algúns dos contidos sobre enerxía, efecto invernadoiro, impacto medioambiental e desenvolvemento sostible, do último contexto de ciencias, déixovos o enlace a algunhas actividades e vídeos que vos poden resultar de interese.










As seguintes actividades son para que repasedes o tema. Se tedes dúbidas podedes facelas cos apuntes diante, así ides localizando a información relevante. Xa sabedes, a por máis dun 70% de acertos!

Deíxovos neste enlace a teoría de 3º e 4º e neste enlace a teoría de 5º e 6º, por se vos quedou no cole e precisades acceder a ela.

3º e 4º de EP









5º e 6º de EP






VÍDEOS (3º, 4º, 5º e 6º)








 Se chegastes ata aquí, parabéns por ter dedicado un rato a pensar sobre como lograr un mundo menos contaminado, onde se respire aire limpo e non suban as temperaturas de forma descontrolada por mor das actividades humanas. Se queres, podes facer unha ilustración a cor de como sería Cela se usásemos enerxías renovables e lográsemos reducir ao mínimo as emisións de gases efecto invernadoiro, colgaremos as máis chulas na clase. Ata pronto!

domingo, 15 de marzo de 2020

Dalle á Lingua!

Aquí vai unha selección de xogos didácticos para repasar algunhas cuestións que traballamos xa de Lengua e de Lingua.
Estes días toca pasar tempo nos vosos fogares, e imos aproveitar para dedicar un tempo diario a darlle á Lingua, non só para falar, senón para repasar xogando.

Proba polo menos unha partida de cada, e repite o xogo que máis che guste!

Paciencia e unha aperta grande.


Ortografía b/v: Velilla y la ortonave
B y V: Carrera sabueso
Completar contraccións   
Crucigrama repaso demostrativos

Día das matemáticas

Onte, día 14/3 ou 3/14, foi o día internacional das matemáticas. 

Para celebralo, propóñovos unha serie de xogos que podedes facer en familia e que vos farán espremer esas cabezas en corentena. 

Achégovos a ligazón ao documento. 

https://drive.google.com/open?id=107c8qozlw2qfLPGdh9d7CwSCUQDO9Cna

Comparto tamén, os imprimibles dos corpos xeométricos que traballamos no contexto, podedes imprimir e construír!

https://drive.google.com/file/d/1bop1NRT2ZV8tUSYRsO4MU6chhOMYEEvG/view?usp=sharing

Un saúdo e moito ánimo nestes días excepcionais. 


ROSALÍA DE CASTRO: CIENCIAS SOCIAIS, LINGUA, MÚSICA, ...

Hai unhas semanas traballamos a figura de Rosalía, con actividades plásticas, da lingua e a literatura, musicais, das ciencias sociais, da publicación e divulgación da súa figura nos distintos medios de comunicación, da revindicación do papel da muller na sociedade, ...


Agora realiza ti estas actividades que propón o CEIP Nosa Señora das Dores.  Clica!!

Marcelo Dobode dinamizando a nosa biblioteca escolar


Cando remates as actividades escoita a:
 Uxía Lambona e a Banda Molona : "Verdescente"
Marcelo Dobode: "Rosalía"


Mentres a música se escoita realiza unha ilustración coloreada con texto que poidamos utilizar nun mural.

viernes, 13 de marzo de 2020

sábado, 1 de febrero de 2020

A REPRESENTACIÓN DA TERRA

Como ao ver unha esfera con cores podemos imaxinar o planeta Terra? Unha mancha vermella cunhas pequenas luces nos podía axudar a localizar nun continente distintos seres vivos? Na visita que fixemos a Naturnova observamos, tocamos, buscamos, xogamos con representacións da realidade. Si, porque os cartógrafos deseñan mapas que representan aos continentes e as illas, os países, os mares, os ríos, as montañas... Os mapas físicos e políticos; pero tamén os temáticos onde se representa os climas, o lixo, a poboación,...

Os submarinos, os barcos, os avións poden buscar unhas coordenadas, un punto e chegar ao seu destino. Nosos familiares viaxan co GPS nas estradas sen perderse seguindo un itinerario. Se queres saber como se consegue, investiga:

Representación da Terra

A representación da Terra II

Mapas



Gracias aos docentes que poñen a disposición os recursos. Recollidos no espazo Abalar.