Translate

viernes, 13 de marzo de 2020

sábado, 1 de febrero de 2020

A REPRESENTACIÓN DA TERRA

Como ao ver unha esfera con cores podemos imaxinar o planeta Terra? Unha mancha vermella cunhas pequenas luces nos podía axudar a localizar nun continente distintos seres vivos? Na visita que fixemos a Naturnova observamos, tocamos, buscamos, xogamos con representacións da realidade. Si, porque os cartógrafos deseñan mapas que representan aos continentes e as illas, os países, os mares, os ríos, as montañas... Os mapas físicos e políticos; pero tamén os temáticos onde se representa os climas, o lixo, a poboación,...

Os submarinos, os barcos, os avións poden buscar unhas coordenadas, un punto e chegar ao seu destino. Nosos familiares viaxan co GPS nas estradas sen perderse seguindo un itinerario. Se queres saber como se consegue, investiga:

Representación da Terra

A representación da Terra II

Mapas



Gracias aos docentes que poñen a disposición os recursos. Recollidos no espazo Abalar.

miércoles, 15 de enero de 2020

FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS ou METEOROS

Os fenómenos atmosféricos son cambios ou sucesos naturais  que acontecen na atmosfera: o vento, as precipitacións, as nubes, as ondas de calor e frío, os furacáns, ...

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertaron dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que aconteceu o xoves, día 16.01.2020 ás 06.00 horas e prolongarase ata as 19:00 horas. Este fenómeno meteorolóxico afectou ás zonas das provincias de Pontevedra e A Coruña e a Mariña de Lugo.

Para realizarmos o contexto buscamos nos traballos de persoas e institucións datos e información para traballar os nosos recantos. Gracias a todos.


CLIMA E TEMPO ATMOSFÉRICO lim de actividades

Videoclip para os irmáns pequenos sobre o tempo Fenómenos da atmosfera

Fenómenos meteorolóxicos

IDEAS PARA AFORRAR ENERXÍA

Cando rematamos de investigar contamos o noso traballo
Citamos elementos do clima
O vento: a dirección co viraventos

Construímos aparatos para medilos
As precipitacións co pluviómetro
O vento: a velocidade co anemómetro










sábado, 7 de diciembre de 2019

O CAMBIO CLIMÁTICO

 O 9 de decembro recollemos 11kg de plástico en Agrelo

Escoitar e traballar pola Terra
Cando ao inicio deste primeiro trimestre reflexionabamos sobre o cambio que se está a producir no clima do planeta Terra, manifestabamos a nosa preocupación pero tamén esperanza: estaba negro; pero aínda tiña solución.
Propuxémonos evitar o uso abusivo dos plásticos, empregar o coche para desprazarnos cando non podemos ir andando, tirar o lixo  separando os orgánicos dos envases e vidro, apagar as lámpadas e proxectores antes de saírmos ao patio,...

Coñecer os elementos do clima, as causas que poden alteralos, a súa influencia nas nosas paisaxes, van enchernos de razóns para conseguir un mundo máis sostible e convencer aos compañeiros que todos podemos sumar para mellorar. Agora toca estudar para saber!

A ATMOSFERA

A ATMOSFERA E O CLIMA

A ATMOSFERA: O CLIMA

HEMEROTECA PRENSA ESCOLA LA VOZ


Pancartas en defensa de soster o clima no planeta Terra e non cambialo drasticamente
Entramos tamén na AEMET para averiguar o tempo

No contexto humanístico, a finais de decembro e no xaneiro, investigamos os distintos elementos que compoñen o tempo (temperatura, presión atmosférica, o vento, as precipitacións, a humidade,...). Tamén algúns factores que inflúen moito nun clima: a latitude, a proximidade do mar, a altitude e o relevo. 

Elaboramos tamén o climograma de Bueu do ano 2019 obtendo os datos da estación de Cabo Udra de Meteogalicia. 
Na clase tivemos unha estación dixital que recollía algúns datos


domingo, 17 de noviembre de 2019

AS CAPAS DO PLANETA TERRA

Nós tamén construímos o noso propio volcán. Agora está entrando en erupción
Despois de realizarmos unha viaxe polo Sistema solar podiamos entrar dende a superficie da Terra ata o seu interior. Como escribira Xulio Verne "Unha viaxe ao centro da Terra".
 Sabías que o planeta Terra ten unha parte chamada XEOSFERA formada por varias capas: o núcleo, o manto e a codia?
A codia e a zona máis externa do manto forman a litosfera.
Imos investigar e xogar:

CAPAS DA TERRA

ROCHAS E MINERAIS


OS VOLCÁNS


XEOSFERA


Gracias a todos os que poñedes o voso traballo a disposión do alumnado!

Uns compañeiros fixeron cunha butefa un planeta Terra con codia, manto e núcleo.



domingo, 3 de noviembre de 2019

O TEMPO PASA

A miña avoa cantaba a letra dun tango, xa sabedes esa música que chegara da Arxentina e bailaban agarradas cos avós, "El tiempo pasa nos vamos poniendo viejos..." buscade en youtube. Ese día debía estar mui cabreada porque cantaba alto. A min quedoume gravada aquela expresión.


Agora venme a cabeza porque estamos no mes de San Martiño e vimos de celebrar o Samagosto; pero levamos feito tantas cousas que ata parece que dei un estirón e o pantalón me queda curto:

Apadriñamentos lectores, maletas de cómics, a experiencia dos contextos, celebramos a semana polo clima, unha saída de varios días para aprender inglés, T+t para axudar aos compañeiros, comemos castañas, fixemos xogos populares, bebemos da pócema máxica, ... 


Recollendo os diplomas onde nos nomean titores dos compañeiros máis novos

Realmente medramos en experiencias!