Translate
jueves, 6 de junio de 2019
jueves, 9 de mayo de 2019
INVESTIGACIÓN SOBRE AS ÁRBORES AUTÓCTONAS DOS BOSQUES GALEGOS
Os alumn@s de 3º e 4º de E. Primaria levaron a cabo unha investigación sobre as árbores que poblan os nosos bosques. Cada nen@ informouse, a través de distintos medios, dunha especie autóctona como: a sobreira, o carballo, o castiñeiro, o ameneiro, o bidueiro, o salgueiro, a aciñeira, o piñeiro, a abeleira, o loureiro, o freixo ou a nogueira; ou investigou sobre unha especie invasora como a acacia ou o eucalipto.
Ademáis de coñecer outros nomes para cada ábore tamén recolleron información sobre o tipo de folla, as súas flores, os froitos, os anos que poden vivir... Aprenderon os distintos usos de cada árbore: construción, fabricación de mobles, combustible, ornamental...ou que da cortiza do salgueiro obtense a salicina coa que se fai un fármaco moi coñecido como é a aspirina.
Coñeceron exemplares importantes como o carballo de Santa Margarida na parroquia de Mourente que o ser vivo de maior idade da provincia de Pontevedra, cuns 500 anos de antiguedade.
Ademáis en cada unha das árbores ou ao seu alrededor viven moitisimos seres vivos: paxaros, insectos, distintos mamíferos, fungos, liques...e outras aliméntanse das súas follas e froitos.
Para observar toda esta vida os nen@s, acompañados dos seus pais, achegáronse ao Monte Chans da parroquia de Cela, onde viven, e incluso lle quitaron fotos a algúns exemplares.
Aprendemos un montón e disfrutamos de tanta beleza.
VIVAN AS ÁRBORES!!
Excursión á Lagoa de Castiñeiras.
OS
ALUMNOS DO COLEXIO CEIP TORRE CELA VAN DE EXCURSIÓN Á LAGOA DE
CASTIÑEIRAS
OS GUÍAS EXPLICÁRONLLE AOS NENOS A PARTIR DE 3º DE PRIMARIA HISTORIAS E CURIOSIDADES SOBRE A LAGOA.
Os alumnos e alumnas do centro saíron deste as 10:00 no autobús con destino á lagoa. Ao chegar atopáronse aos dous guías; como eran moitos , os nenos separáronse en dous grupos, cada un cun guía.Os guías contáronlle aos nenos que a lagoa era artificial, e que nela comezou a reforestación galega, ao comezo do século XX.
A medida que a ruta avanzaba os guías explicábanlles (aos dous grupos por separado) distintas curiosidades como que os cipreses dos pantanos (unha árbore da lagoa) levantan o chan que se atopa baixo eles.
Pero
na lagoa non soamente hai especies autóctonas, tamén hai especies
invasoras, como é a acacia negra, que ao non ter inimigos esténdese
moi rapidamente.
Pero
na lagoa non soamente hai plantas e árbores, senón tamén
elementos prehistóricos, como a mámoa do rei, unha gran mámoa que
se pensa, foi a tumba dunha familia moi importante.
As 12:30 aproximadamente, os nenos comezaron a merendar, e ás 13:10 xa estaban no autobús de camiño ao colexio, para facer a última hora de clase.
miércoles, 8 de mayo de 2019
VISITA A LAGOA DE CASTIÑEIRAS
Os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P., xunto cos seus titores, pasaron unha agradable mañá na Lagoa de Castiñeiras.Acompañados por dous guías fixeron un percorrido pola zona:
- Explicáronlles como se fixo esta lagoa artificial.
- Observaron as distintas árbores e as súas características: ameneiros, bidueiros, castiñeiros, aveleiras, acivros...
- Coñeceron como é o peculiar crecemento das raíces duns exemplares de ciprés dos pantanos que alí hai.
- E mesmo lograron facer xabón coas follas da acacia.
Despois de camiñar un bo tramo puidemos observar unhas mámoas, entre as que destaca a Mámoa do Rei.


viernes, 12 de abril de 2019
FORMACIÓN DE USUARIOS PARA 4º E 5º DE E.P.
Esta semana os alumn@s de 4º e 5º de E.P. recibiron unha FORMACIÓN DE USUARIOS DA RADIO por parte de Javier Prado. Nesta formación traballouse primeiramente a locución, que permitíu aos nen@s darse conta de que a través da voz pódese transmitir máis información da que as propias palabras din: estado de ánimo e sentimentos da persoa que fala, a quen se está dirixindo... E a continuación traballamos baseándonos no modelo do reto. Para iso dividimos ao alumnado en grupos. Propúxolles tres retos:
- Un sobre a contorna para investigación documental. Consistía en promocionar o noso colexio falando das cousas boas que se poden atopar nel e na nosa contorna.
- Outros dous para dramatización de historias. Os nen@s dramatizaron os contos "Loboferoz" e "Corre, corre cabaziña"e ademáis buscaron a música e os efectos sonoros que encaixaban coas distintas partes do conto.
- O último reto estivo relacionado coa biblioteca.Tiñan que facer unhas recomendacións lectoras e falar das novidades que podemos atopar agora mesmo. Despois de que cada equipo tivo o guiónpreparado foron a gravar na radio .





martes, 2 de abril de 2019
miércoles, 20 de marzo de 2019
O MEDIO AMBIENTE NA SEMANA DA PRENSA
Os alumn@s de 4º de E. P. , ao longo desta semana da prensa, estiveron lendo as novas dos exemplares do xornal Papagaio que periódicamente chega á nosa biblioteca.
Disfrutaron coa lectura de diferentes artigos feitos cunha redacción e ilustracións moi atractivas para eles. Atoparon moitas noticias relacionadas co coidado e conservación do medio ambiente:
- A extinción das abellas provoca a desaparición dos humanos.
- Un novo intento contra o desxeo polar.
- As mulleres conquistan o espazo.
- Os homes da selva en perigo de extinción.
- Erupcións e Tsunamis na Oceanía.
E moitas máis, que lle serviron para que unha vez máis se conciencien da importancia do respecto polo noso medio e de que diso depende a nosa vida.
Fixeron comentarios das mesmas e finalmente tiveron que redactar a súa propia noticia acompañándoa dunha ilustración.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










