Translate

miércoles, 9 de mayo de 2018

VISITA AO CENTRO DE DÍA CONTIGO

Realizamos unha xornada de convivencia para afondar nos oficios que tiveran cando estaban activos laboralmente; pero non poidemos esquecer as nosas pesquisas sobre o patrimonio inmaterial.
Conversa sobre os oficios e as ferramentas que usaban
Os alumnos de terceiro preguntando sobre os seus antigos oficios, as ferramentas utilizadas, as diferenzas co mesmo traballo na actualidade, a idade de cando comezaron a traballar,...
Os de cuarto recolleron algúns refráns, ditos, recordaron algunha canción de berce e interpretaron conxuntamente as cantigas populares onde destacaron "A rianxeira" e "Catro vellos mariñeiros", que non foron as únicas. Remataron cunha chocolatada e bizcoito tradicional.
Unha alumna de cuarto comezaba así o seu traballo de composición escrita sobre a visita "Cantamos, bailamos, rimos, fixémoslles preguntas, ... Pasámolo xenial!

Bizcoito e chocolate: Gracias!
Dar as grazas a todos os que se esforzaron en preparar o encontro con rigor e profesionalidade para optimizar os resultados: Noraboa!

As mulleres ían menos a escola para axudar na casa e no campo

Compartindo no encontro patrimonio inmaterial: as cantigas tradicionais


A imaxe final conxunta  antes de volver ás aulas: un bico e moitas gracias.

martes, 1 de mayo de 2018

VISITA DE GARCÍA TEIJEIRO


O luns 30 de abril visitounos Antonio García Teijeiro, coautor do libro que lemos na clase “Lendo lendas, digo versos” xunto con Antonio Reigosa e ilustrado por Xosé Cobas.

O poeta lendo versos
Despois de compartir con el as súas reflexións e os seus versos realizámoslle unha entrevista.


África, Ángel, Irena e Nuria foron os responsables de trasladarlle as preguntas dos alumnos de cuarto.

Moitas gracias, Antonio.
No encontro con García Teijeiro observamos ao fondo o noso mural

RECOMENDACIÓNS PARA OUTROS LECTORES

Nós tamén recomendamos libros. Pensamos naquelas obras que nos resultaran máis atractivas e, se fose posible, relacionadas coa nosa investigación deste ano vinculada coas tradicións e a cultura popular "Desenterrando os nosos tesouros".
Unha imaxe de alumnos de cuarto aconsellando lecturas



 Anímate a ler algún dos libros suxeridos!

INTERCAMBIO LECTOR

Terceiro e cuarto compartimos os nosos libros para fomentar a lectura. Temos 15 días para lelos e devolvelos.
No mes de abril realizamos ademais "Hoxe no patio libro" e "Apadriñamento lector".
Boas e estupendas lecturas!!

Botámoslle unha ollada a todos os libros dispoñibles


Dentro de 15 días temos que devolvelos ou avisar que algo nos falta por ler

miércoles, 25 de abril de 2018



ENTREVISTA A PEPE CARREIRO COA ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU

O venres 20 de abril tivemos a visita ao centro de Pepe Carreiro, creador dos exitosos Bolechas,  xunto con  representantes da Asociación de alfombras de Bueu.
Dentro do programa T+t, titores e titorizados fixeron unas vistosas alfombras dos personaxes dos Bolechas.
 Os alumn@s de 3º prepararon unhas entrevistas para facerlles

ENTREVISTA A PEPE CARREIRO


                                      

                                      

SAMUEL, DANIELA E SILVANA


 ENTREVISTA ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU


ALBA E XABI


                                      
                                      

martes, 24 de abril de 2018

ENTREVISTA Á DIRECTORA DO MUSEO MASSÓ

O 12 de marzo, a directora do Museo Massó, Covadonga López de Prado, visitou o noso centro. Expliconos as orixes da fábrica Massó e o seu funcionamento. Tamén nos falou de como xurdíu a idea de crear o museo. Os alumn@s de terceiro prepararon unha entrevista. Tres nenos tiveron a sorte de poder facerlla na radio





Manuel, Hugo e Alejo


ENTREVISTAS  DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Cada un dos alumn@s de terceiro fixo unha entrevista, cargada de vivencias e sentimentos, a unha muller da súa familia. Como este curso traballamos os oficios, unha vez máis centrámonos neste aspecto. Gracias a todas e cada unha desas admirables mulleres




Román, Manuel, Alejo, Alba, Xabi, Silvana, Vera y Hugo.




Iván, Daniel, Daniela, Saray, Samuel, Mauro y Paulo.