Translate

martes, 19 de mayo de 2020

RETO MATEMÁTICO

Vamos a despertar nuestro superpoder de investigación...
Si encuentras la respuesta, mándala al Padlet del contexto matemático.  https://padlet.com/aoliete2/contexto

miércoles, 13 de mayo de 2020

12 de maio: DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

DÍA DAS MATES
O 12 de maio celebramos o día escolar das matemáticas. Por iso, propóñovos uns xogos para pasalo moi ben mentres traballamos o noso pensamento matemático. 

Xogo número 1: 
Xogamos con paliños! Activa a túa creatividade e resolve estes divertidos retos. 


Xogo número 2: 

Adiviña canto vale cada zombie e saberás o resultado final. (idea de @matefactoria)



Xogo número 3:  

Xogamos a ser mag@s! Pide a alguén que pense un número calquera. Ti poderás adiviñar de que número se trata...Preparad@? 

Dá as seguintes instrucións: 
  1. Pensa un número calquera.
  2. A ese número súmalle 3.
  3. Agora multiplica o resultado por 2.
  4. Réstalle 8.
  5. Divide entre 2.
  6. Cal é o resultado?
(Para adiviñar o número que pensou, réstalle 1 ao resultado final.)

Pensará que es un gran mag@!!!



domingo, 3 de mayo de 2020

Xabi entrevista á súa familia

Xabi Martínez, de quinto de primaria, realizou entrevistas a distintos familiares para saber como estaban a levar a corentena.
É un gran traballo, xa que os entrevistados viven en distintos lugares de España e mesmo de Europa. 
Grazas a esta entrevista podemos comprobar que a pesar das distintas situacións nas que leve a cabo a corentena, as emocións son similares e tamén as aprendizaxes que se extraen dela.
Moitas grazas Xabi pola túa iniciativa e moitas grazas á súa familia por axudar a desenvolvela.
Parabén polo traballo.

Pica na imaxe para ver o vídeo.

https://drive.google.com/file/d/1wsYqDaxC1suqCmow5RDjaI2bc2rl6JJL/view?usp=sharing




Aquí outro vídeo no que Xabi explica as conclusións das súas entrevistas.
https://drive.google.com/file/d/1fLTdco_oSr2YNPfE5zG5adVrrjSFBGQ4/view?usp=sharing